O goberno municipal comprobou o desenvolvemento das obras, que ascenden a 914.105,01 euros, coas que crearán unha planta de “coworking” e unha planta destinada a asociacións
Barreiros, 27 de agosto de 2026. O goberno municipal de Barreiros, encabezado pola alcaldesa Ana Ermida e polo concelleiro e deputado provincial Dani García, visitou hoxe o Teleclub de San Cosme para comprobar de primeira man a evolución das obras.
Nas primeiras semanas realizáronse traballos de demolición e iniciouse o illamento da fachada dun edificio que acollerá espazos destinados a persoas autónomas e pequenas empresas que precisen un local para desenvolver a súa actividade, converténdose no primeiro espazo de traballo cooperativo do municipio.
A alcaldesa destacou a satisfacción polo avance das obras e pola recuperación deste edificio emblemático, adaptándoo ás necesidades actuais e contribuíndo a dinamizar economicamente San Cosme. Subliñou que aproveitar o patrimonio municipal para impulsar o desenvolvemento local é unha prioridade do goberno e parte esencial do modelo de futuro para Barreiros.
Na segunda planta habilitaranse varios locais para uso de asociacións, co obxectivo de reforzar o asociacionismo de base e ofrecer espazos adecuados para materiais, reunións e actividades.
Ermida agradeceu á Vicepresidencia da Deputación, representada por Dani García, a achega de máis de 500.000 euros, que complementa o crédito obtido polo Concello a través do IGVS e permite avanzar nun dos proxectos máis ambiciosos a nivel local.
O proxecto mantén tamén o espazo destinado a cafetería, recuperando así un lugar que durante anos foi referente da vida social de San Cosme.
A rexedora lembrou que o Teleclub é un símbolo para a parroquia, construído con achegas veciñais e convertido durante décadas no seu centro social e cultural. Por iso, afirmou, esta reforma é especialmente significativa: “recuperar un espazo do pobo para o pobo”.



















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



