Ribadeo, 27 de agosto, 2026. Ribadeo convértese estes días nun punto de encontro para a innovación e a formación no sector da automoción coa celebración do XV Fórum de Innovación e Formación de Vehículos, unha iniciativa impulsada por APAGA que reúne profesionais, docentes, empresas e especialistas vinculados á Formación Profesional e ao mundo do automóbil.
O Fórum, que se desenvolve os días 26, 27 e 28 de agosto, ten como obxectivo achegar ao profesorado e ao sector as últimas novidades tecnolóxicas e metodolóxicas relacionadas coa automoción, favorecendo unha FP cada vez máis conectada coas necesidades reais das empresas.
Ao longo das xornadas abórdanse ámbitos clave da evolución do sector, con especial atención á innovación tecnolóxica, a diagnosis, a electrificación do vehículo, as novas ferramentas de traballo e a actualización das competencias profesionais necesarias para afrontar os cambios que está a experimentar a automoción.
O encontro busca tamén reforzar a colaboración entre centros de FP, profesorado, empresas e profesionais, creando un espazo de intercambio de coñecemento que permita trasladar as innovacións directamente ás aulas e talleres.
A organización destaca que “La Formación Profesional tiene que avanzar al mismo ritmo que lo hace el automóvil. No podemos formar a los profesionales del futuro con las tecnologías del pasado; necesitamos una formación permanentemente actualizada, práctica y conectada con las empresas”.
Un dos valores fundamentais do Fórum é o seu carácter práctico, permitindo ao profesorado coñecer de primeira man novas tecnoloxías, equipos, procedementos e solucións que logo poden incorporarse aos procesos de ensino-aprendizaxe dos ciclos formativos de automoción. Isto contribúe a mellorar a preparación dos futuros profesionais e a súa empregabilidade, ao tempo que facilita ás empresas contar con persoal cualificado e adaptado á evolución tecnolóxica do sector.
A celebración da decimoquinta edición consolida unha iniciativa que fixo da formación e da innovación as súas principais señas de identidade. Para APAGA, a continuidade do Fórum evidencia a importancia de manter espazos nos que o profesorado poida actualizar coñecementos, compartir experiencias e establecer novas colaboracións.
Con este XV Fórum, Ribadeo volve situarse como escenario de referencia para o intercambio de coñecemento e a innovación aplicada á Formación Profesional e ao sector da automoción.








A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.