Burela, 27 de agosto de 2026. O Concello de Burela pecha a programación de verán da Casa da Xuventude deste ano cunha xuntanza de despedida, na que deu un agasallo de recordo a todas as persoas participantes.
“Foi un pracer compartir momentos coa mocidade, co persoal que impartiu as actividades e observar o bo ambiente no que se divertiron e aprenderon”, sinalou o tenente de alcaldesa, Mario Pillado.
“Moitas grazas a Celso, monitor de robótica, a Nuria de diversión matemática, a Santiago e Toñito por compartir os xogos populares da súa infancia… e ao resto de persoal participante”, apuntou o tamén concelleiro de Xuventude.
Aínda que xa rematou o ciclo de actividades de verán, a Casa da Xuventude non pecha, e segue co seu horario de verán de 8:00 a 14:00 horas ata o vindeiro luns 31 de agosto. O martes 1 de Setembro volve o horario habitual de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde.
“Animamos á rapazada participante a seguir gozando da súa casa, así como a toda a infancia e mocidade de Burela”, afirma Pillado. “Lembrade tamén que en setembro retomaremos a actividade habitual do Grupo de Participación Adolescente ao que están todos e todas convidades”, engade.








A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.