A MARIÑA .- O mal tempo non animou a participación masiva nos desfiles de Entroido que se celebraron na tarde do martes. O frío e a choiva compartiron protagonismo co Entroido.
ACTA DO XURADO DO DESFILE DE VIVEIRO
EXCMO. CONCELLO DE VIVEIRO
CULTURA
TEATRO PASTOR DÍAZ
ACTA DO XURADO DO ANTROIDO DE VIVEIRO DO ANO 2010
Membros xurado:
Dª Mª Yolanda Fernández Joglal. Ärea comercial Praia de Covas.
D. José Manuel Moreno Moreno, Seminario Terras de Viveiro.
Dª. Dolores Fernández Basanta, Coral Polifónica Alborada.
Dª. Cruz Penso Gato, Asociación Cultural Bágoas da Terra.
Dª. Eugenia Sanjuan, Asociación Penalba.
Secretaria: Rosario A. Basanta Gabeiras.
Despois de presenciar o desfile do Antroido e feitas tódalas deliberacións, a resolución do xurado é a seguinte:
CATEGORÍA INDIVIDUAL:
3º premio 40 €
Fotógrafo 1928
2 º premio 50 €
Matrimonio bien avenido
1º premio 60 €
Rayo Mcquen
CATEGORÍA PARELLAS:
3º premio 50 €
Xubilados aos 67
2 º premio 60 €
Loa caracoles
1º premio 100 €
Los políticos
CATEGORÍA GRUPOS:
3º premio 100 €
Presos y policías
2 º premio 150 €
Dragonesas da Mariña
1º premio 200 €
El circo del Sol
CATEGORÍA COMPARSAS:
3º premio 150 €
Os Maios. circo
3 º premio 170€
ONU Orquestra Panorama
1º premio 200 €
Os do Valado bailan o Can-can
CATEGORÍA CARROZAS:
3º premio 200 €
O castillo dos Reinos
2 º premio 250 € El joyero de la Abuela
1º premio 300 €
De oca a oca y en carnavales siempre toca
ESPECIAL Ó HUMOR: 100 €: AO CUERPO DE BOMBEROS ( 100.00 € doado pola Peña Celtista de Viveiro)
ESPECIAL A ORIXINALIDADE: EL JOYERO DE LA ABUELA
500 € en Vales de compra Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro
A cada unha das carrozas deuselles unha axuda económica de 200.00 € (
8)
Viveiro, 16 de febreiro de 2010






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



