Burela 18-12-18. O Pescados Rubén Burela FS blindou esta mañá os dereitos das Guerreiras Laranxas coa sinatura do convenio colectivo do equipo feminino, un pequeno gran paso na igualdade e o profesionalismo do fútbol sala, pero tamén do deporte feminino en xeral. O presidente laranxa, Manuel Blanco, selou o acordo xunto ás capitás, Bea Mateos e Joziane de Oliveira, ademais da presidenta da Asociación de Xogadoras de Fútbol Sala Feminino, Natalia Orive, na notaría de Burela. O acto tamén contou coa presenza do resto do cadro, os vicepresidentes, Cesarina Fanego e José Luis Sáez, así como os directivos Rubén Blanco e Auditor Rodríguez e a secretaria xeral da AXFSF, Laura García.
Unha vez realizada a elevación a público do convenio ante o notario Ignacio Catania Palmer, que tamén quixo mostrar o seu apoio á igualdade sen aplicar ningún tipo de arancel polos seus servizos, a xunta directiva do Pescados Rubén dará rexistro do devandito documento nos próximos días na delegación de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Tras unha traxectoria de anos como equipo profesional, este verán a directiva do Pescados Rubén Burela puxo sobre a mesa a posibilidade de negociación dun convenio colectivo para as xogadoras mariñás. O convenio que se asinou hoxe é o froito das negociacións entre o club, as xogadoras e a AJFSF, destes últimos meses; con vixencia desde o pasado 1 de outubro e duración de dous anos, contempla aspectos como a renovación automática no caso de embarazo, compromiso de vacacións en datas sinaladas, dereito a 10 días de Asuntos Propios por coidado de fillos ou maiores, axudas para conciliación familiar (garderías, axuda de libros de texto…), salario mínimo de 900 euros, con suba do 2% anual, o club compartirá dereitos de imaxe coas xogadoras e seguros de accidentes e invalidez.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
