Viveiro 31-12-18. O BNG de Viveiro impulsou esta segunda feira (31 de decembro) unha recollida de sinaturas entre diferentes asociacións e organismos de todo Viveiro, para así porlle fin á situación de contaminación da nosa ría debido a un emisario submarino con perdas en varios puntos, e unha EDAR que precisa de melloras. Preocupados pola nosa ría, múltiples colectivos uníronse e acordaron asinar para esixir á Xunta de Galiza e ao Concello de Viveiro que cumpran cos prazos de execución prometidos publicamente e comecen a executar as obras recollidas no convenio para mellorar o saneamento integral da ría e deixen de xogar coa saúde, os postos de traballo e o futuro da veciñanza de Viveiro
O BNG de Viveiro impulsa unha recollida de sinaturas a prol da substitución do emisario e a mellora da EDAR
O BNG de Viveiro impulsa unha recollida de sinaturas a prol da substitución do emisario e a mellora da EDAR
Relacionado
-
O BNG reclama máis garantías para ditaminar o baleirado sanitario das granxas e maiores indemnizacions para as gandeirías afectadas
-
O PP lamenta a negativa de PSOE e BNG a impulsar solo industrial na provincia: “seguen poñendo paos nas rodas á xeración de emprego e riqueza”
-
A Deputación urxe á Xunta un plan de investimentos para a atención ás persoas maiores na provincia de Lugo