Lugo, 3 de xaneiro, 2019. O Grupo Provincial Popular abstívose hoxe no Pleno extraordinario no que se votaban as reclamacións presentadas aos Orzamentos da Deputación Provincial de Lugo e a aprobación definitiva dos mesmos. A voceira do PP, Elena Candia, quixo explicar e facer puntualización na súa intervención á decisión do seu Grupo.
“A decisión, xa o dixemos moitas veces pero é necesario puntualizado, o posicionamento deste Grupo en relación aos Orzamentos non se circunscribe ao ano 2018 senón ao ano 2016. Nese ano e vista a situación de bloqueo e parálise e conflictividade, que non foi en diminución, decidimos tras moitas reunións e un debate interno construtivo intentar ser o máis útiles posibles á provincia e abandonar o rédito electoral. Foron momentos complicados pero coincido en que a provincia, o tecido asociativo, ou as entidades locais tiñan difícil sobrevivir catro anos sen orzamentos. O que é indubidable é que se necesitan recursos e a institución achega 90 millóns de euros á provincia coa colaboración de moitos funcionarios. Chegouse a un acordo que asinou tamén o deputado non adscrito e foi público e naquel momento ao único a quen non lle gustou e patalexou enerxicamente foi ao BNG”, precisou.
En relación coas contas deste ano explicou que se rexistraron unhas emendas “economicamente ridículas porque non pretendíamos desnaturalizar a esencia dese acordo que se adoptaba por varios anos”. “Firmamos ata o ano 2019 e solo se deramos a palabra o manteríamos, pero se aínda por enriba o asinamos, ímonolo cumprir”.
Críticas á postura do BNG
Os populares indicaron que se presentaron certas emendas “porque era unha necesidade para algúns concellos en situacións de excepcionalidade. Deberan ensinarlle a flexibilidade do concepto excepcional. A pesar de co gobernar a Deputación durante 8 anos quedou reflectido como rendabilizaron o seu traballo. Se pensa que de chegar a un acordo para desbloquear a institución e o enfado ten que ser penalizado pola poboación mire como lle primou ao BNG a súa responsabilidade de goberno durante 8 anos, que dous deputados tiña e con eles segue. En positivo non o rendabilizaron”.
Falta un proxecto de provincia
“Non nos gustan os Orzamentos, non son os nosos Orzamentos e botamos en falta un proxecto de provincia que esta institución non debe renunciar a ter, pero si que se pon a disposición dos concellos, que en oito anos non estivo, senón só a disposición duns poucos. Intentamos máis que nunca respectar a autonomía local”, precisou.
Antes o PSOE gobernaba só para uns poucos
O anterior presidente amparábase na excepcionalidade a través dos convenios, o que nalgún caso lle fixo meritorio que o campo de fútbol da Fonsagrada levara o seu nome. “Iso era excepcionalidade e gobernar para uns poucos. O que asinamos é un acordo que favorece que a provincia teña Orzamentos. Ese acordo que citan ambos grupos, que nós non redactamos, ten unha explicacións, eran unhas emendas que o goberno asume cumprir, pero preferimos ter as cousas por escrito”:
“As emendas trasladáronse nun acordo entre os dous grupos, pero ollo, eran a mesma literalidade e porcentualmente non desnaturalizaba o acordo do 16 que marcou unha senda de entendemento para que a institución puidera ter orzamentos”, remarcou Candia.
A provincia non pode pagar un prezo tan caro
A voceira dixo que “se algo hai que poñer en valor é que se tiñamos que estar catro anos sen Orzamentos hai que ser coherente e non se lle pode pasar á provincia un prezo tan caro como para privalo de Orzamentos durante catro anos”.
“Este Grupo gañou as eleccións e ter unha Deputación sen Orzamentos podía ser escenario de bo oportunismo político porque o tecido asociativo que todos poñemos en valor o seu traballo veríase privado e prexudicado ata o punto de que terían que ver moi dubidosa a continuidade. Poñendo en valor que entendo o paso pola política como un escenario de oportunidades e como algo provisional que non busca bloqueos, senón ser útil e este mandato foi francamente complicado, cada vez que tivemos que pronunciarnos tiñamos a responsabilidade sen estar no Goberno de ser determinantes e iso case facía máis grave un erro que estando no Goberno, que ten outros resortes. A análise de Orzamentos foi a decisión máis complicada que tivo o Grupo durante os últimos anos sen ter responsabilidade de Goberno e non nos imos arrepentir”.
Copartícipes dun cambio na forma de Gobernar
“Calquera veciño do sur á costa ve que todos os concellos tiveron recursos desta institución e o curto espazo de tempo que estivemos no Goberno o plan económico foise cumprindo e fomos copartícipes dun cambio da forma de gobernar nesta institución que é o mellor recordo que nos pode quedar.
Déronlle o apoio a un presidente para gobernar, sen transparencia por parte do BNG e con enfados duns e outros, pero ao final os veciños o xulgarán. As emendas non desnaturalizan os Orzamentos, supoñen un 0,05% da contía dos Orzamentos porque non podemos desnaturalizar o acordo do 2016 que é a nosa palabra dada. E ía un acordo moi importante que é a posibilidade de que as contías para subscribir convenios non se bloqueara que a xestión fora por Suplusa, algo que defendemos no xulgado e tiñamos que defendelo onde se pode dotar de Orzamento. A partir de aí todo o que se poida acordar con consenso así o faremos. Se algo nos aplauden os veciños é que se solucionen cousas e con consenso”.
“Hai que presentarse cun balance de feitos, non de palabras. Por responsabilidade asinamos no 2016, non impedimos que a provincia tivera orzamentos no 2019 e hoxe abstémonos por responsabilidade. Hai moitas cousas que deben corrixir desde o Goberno, creo que as coñecen porque son catro anos cos mesmos erros. En todo caso, cando este Grupo asina un acordo vai chegar ata final do mandato sendo coherente, sexa ou non ano electoral. Sempre van ter a nosa man tendida para construír provincia”, concluíu.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



