Lugo, 9 de xaneiro de 2019. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, anunciou que durante os meses de xaneiro e febreiro o Goberno da Deputación participará en tres importantes feiras de turismo: “van ser dous meses de intenso traballo turístico, a participación nestas feiras supón un marco idóneo para dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece a nosa provincia. Comezaremos en FITUR, a feira de turismo máis importante de carácter Iberoamericano, despois acudiremos á Xantar en Expourense, que cumpre o seu 20 aniversario promovendo o turismo a través da Enogastronomía; e deseguido asistiremos á segunda edición da Feria Fairway, dedicada á promoción do Camiño de Santiago” avanzou o Deputado.
O Executivo aposta por dar a coñecer a provincia como destino turístico de calidade, sostible e que poña en valor o patrimonio, material e inmaterial lucense nas feiras máis importantes do sector, así nestes primeiros meses de 2019 está confirmada a presencia en FITUR o día 24 de xaneiro, en Xantar entre o 6 e o 10 de febreiro e en Fairway desde o 10 ao 12 de febreiro.
Vidal Baamonde sinalou “puxémonos en contacto con todos os concellos da provincia para darlles a posibilidade de participar nestas feiras unindo sinerxías para darse a coñecer entre o público especializado, nunha clara aposta pola promoción turística do conxunto da nosa provincia”.
FITUR
Un ano máis o Goberno da Deputación acudirá a esta importante cita para a promoción turística da provincia, Vidal Baamonde explicou: “queremos mostrar todas as caras deste poliedro que é a nosa provincia, pois segue sendo unha gran descoñecida. Fomentamos a oferta dun turismo con milleiros de posibilidades, ninguén debe perderse todas as xoias que temos en cada un dos nosos concellos. O Goberno da Deputación é o principal colaborador das principais citas turísticas da provincia”.
XANTAR
Neste 2019 Xantar celebra a súa 20 edición, é a única feira de Turismo Gastronómico recollida no calendario oficial de “Feiras Comerciais Internacionais” españolas, que reúne a empresas de restauración, produtores, entidades públicas e privadas, de España e Portugal, ademais este ano conta con Brasil como país convidado. “Non podemos esquecer que a Gastronomía é unha das maiores potencialidades da nosa provincia, ten unha gran repercusión tanto en Galicia como en toda España, moita da xente que nos visita está interesada en coñecer e ser partícipe da coñecidísima marca …E para comer, Lugo” expuxo Vidal Baamonde.
FAIRWAY
Fairway é unha innovadora proposta de Congreso bienal que pretende xuntar todo o que supón o fenómeno do Camiño de Santiago, contará con mesas de debate e obradoiros, ademais da propia feira. A provincia de Lugo participa por primeira vez neste evento para dar a coñecer a importancia do Camiño como eixo económico e turístico: “en Lugo temos máis de 800 quilómetros itinerarios xacobeos, o tramo máis longo de entre as 4 provincias galegas, que percorren 30 concellos, divididos entre catro rutas oficiais: Camiño Francés, Norte, Primitivo e de Inverno e ademais o Camiño do Mar, trazado costeiro do Camiño Norte. Destacamos tamén que as Catedrais de Lugo e Mondoñedo foron declaradas Patrimonio da Humanidade grazas ao paso do Camiño Primitivo”.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



