Burela, a 22 de xaneiro de 2019.- “Se Alfredo Llano non levara enganado dabondo nestes catro anos de mandato municipal, hoxe estamos en disposición de aportar outro novo engano, outra nova mentira do alcalde”. Así de contundente se mostra o Grupo Municipal Popular burelés logo de comprobar que nada se fixo nestes preto de catro anos en relación ao parque empresarial do Perdouro.
Os edís populares lembran que “o 21 de marzo do ano pasado o alcalde recibiu no Concello a representantes da institución provincial para falar do parque empresarial do Perdouro. Non hai moito tempo, hai mes e medio, tamén dixo nos medios informativos que se seguía traballando sobre o asunto e que desde o goberno municipal se axudaba ás empresas a instalarse en Burela. Nada máis lonxe da realidade”, matizan.
Os populares aseguran que “o alcalde non ten intención de beneficiar a instalación de empresas. Así o demostra o feito de que no pleno de 30 de novembro de 2017 se debatera unha moción do Grupo Municipal Popular para acordar bonificacións fiscais para que novas empresas se instalen en Burela, pero o alcalde e o grupo socialista e tamén o BNG se opuxeron. Esta negativa a conceder bonificacións fiscais, sen dúbida, condiciona a decisión que as empresas poidan tomar á hora de asentarse en Burela”.
Pero o Grupo Municipal Popular vai máis lonxe. “O pasado 15 de decembro solicitamos copia de toda a documentación existente no Concello sobre os trámites e pasos que se estiveran a dar en relación co parque empresarial da zona de O Perdouro. Dous días despois, o 17, o alcalde respóndenos. Unha vez máis non nos sorprende a resposta. Ao igual que co espazo da traseira de Capitanía, aquí tamén só hai un documento que neste caso nin tan sequera é unha petición do alcalde; senón unha oferta presentada por unha empresa o 16 de xuño de 2016 para a “redacción do plan parcial de solo urbanizable de uso industrial de O Perdouro (SURB-I01)”. Non consta ningún documento de resposta a esta oferta, nin consta ningún escrito ou documento de planeamento remitido dende a Deputación. É máis, o Grupo Municipal do PP puido saber que na institución provincial este asunto está totalmente parado; tanto, que de feito nin comezou a traballarse no mesmo”, explican.
Os edís do PP aseguran que “o propio Llano na súa resposta esqueceu enviarnos un estudio de urbanización da zona que xa tiña o goberno anterior do PP. Hai que lembrar que o PXOM fixa dúas bolsas de solo empresarial en Burela, unha na zona de A Puida e outra no Perdouro (a primeira condicionada ao desenvolvemento e ocupación da segunda), e que o PXOM dá seguridade xurídica e urbanística para planificar e desenvolver. Pero o PXOM non contou no seu día co voto favorable do Sr. Llano nin do PSOE. É por iso que temos a completa seguridade de que Llano non está pola labor de traballar polo parque empresarial do Perdouro, o que acarreará que non se poidan instalar novas empresas en Burela. E así, mentres Burela vai ao trantrán, outros concellos da zona moven os seus solos empresariais e van en moto GP”.
Desde o Grupo Municipal Popular afirman que “a presunta preocupación de Llano polo emprego é outro engano: o alcalde reduce o seu labor neste campo a aproveitar as subvencións que conceden desde a Xunta ou a Deputación, pero hai que lembrar que no exercicio de 2018 había 15.000 euros en subvencións para empresas para a creación de emprego e non se investiu nin un só euro. De feito, nos orzamentos deste ano tal liña de subvencións desaparece”, conclúen.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



