Barreiros, 12 de febreiro de 2019. Coñecido o fallo do procedemento xudicial aberto contra o goberno de Barreiros, o Bloque Nacionalista Galego sinala que “a resolución xudicial forma parte dun proceso que valora cuestións estrictamente obxectivables e xurídicas, pero as verdadeiras consecuencias da xestión do Partido Popular en Barreiros, con Alfonso Fuente á cabeza, son as que sufrimos as veciñas e veciños do concello.”
Segundo a portavoz municipal, Ana Ermida, “o proceso xudicial está aberto e, sen coñecelo en profundidade e non sendo parte do mesmo, parece que o que ditaminara a xustiza non ía modificar nada da situación na que se atopa actualmente o Concello de Barreiros.”
“As verdadeiras consecuencias da política urbanística do Partido Popular e Alfonso Fuente son as que se ven cada día en Barreiros: un Concello na ruína económica a consecuencia do despilfarro, sumido no abandono por parte dun goberno municipal ausente, carente de iniciativas e ideas para mellorar, etc.”
“Esas son as consecuencias dun modelo de xestión que se manifestou co boom urbanístico e que chega ata os nosos días, deixando unha imaxe de Barreiros nefasta consecuencia directa da xestión de Alfonso Fuente co respaldo do Partido Popular”, afirma Ana Ermida.
A portavoz municipal conclúe sinalando que “o feito de que o fallo sexa nun sentido ou noutro non vai cambiar nada na práctica para Barreiros. Simplemente agora existirá a oportunidade para que as veciñas e veciños poidan decidir se queren seguir apostando polo Barreiros que estamos sufrindo actualmente ou cambiarlle o rumbo; porque Alfonso Fuente declárase tranquilo polo fallo xudicial, pero parece que non lle importa a situación na que está deixando Barreiros e ás súas veciñas e veciños, o que demostra que a única preocupación que ten é a súa situación persoal, non a da xente.”





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



