SANTIAGO .- Informa ADEGA que nas últimas semanas, moreas de pezas de plástico con forma de anel apareceron por milleiros aboiando en ríos e praias. O fenómeno repítese periodicamente por toda a costa galega e cantábrica, formando parte xa da variada “fauna” dos restos de marea. A orixe destas misteriosas pezas non é outra que as instalacións de depuración de augas dos concellos e industrias. A súa función é a de rebaixar a carga orgánica e o nível de nitratos das augas residuais pola actuación dos enzimas e bacterias que levan incorporadas (tratamento biolóxico). Dase pois o paradoxo de que para tratar as verteduras polúense ríos e mares con estas pezas plásticas que tardan ducias de anos en degradarse e que ao ser inxeridas por peixes, mamíferos ou tartarugas mariñas poden causar graves danos.
ADEGA demanda un chisco máis de sensibilidade por parte das empresas e concellos que utilizan estes elementos como axuda nos sistemas de depuración de efluentes, para evitar a súa vertedura ao medio acuático.
Se ben os tratamentos biolóxicos amosan claras vantaxes (maior efectividade, menor impacto, baixo custo) para rebaixar a carga orgánica e compostos como os nitratos, responsábeis da eutrofización de moitas masas de auga, unha incorrecta xestión dos restos pode conquerir o efecto contrario ao que se pretende.
Milleiros de pezas plásticas aboiando nos mares e ríos, produto dun manexo inadecuado ou neglixente das depuradoras públicas e privadas, contribúen de xeito importante á contaminación e á degradación dos ecosistemas acuáticos. Estes elementos tardan en degradarse ducias ou mesmo centos de anos, deitando substancias tóxicas no medio e son inxeridos por peixes, tartarugas ou mamíferos mariños ao confundilos con medusas ou outros organismos peláxicos que constitúen o seu alimento.
[As especies máis perigosas do Mediterráneo] A contaminación por plásticos está presente na prática totalidade dos mares e ríos do mundo, e a mortalidade producida por estes compostos e os seus residuos causa cada ano a morte de milleiros de mamíferos e tartarugas mariñas. En todas as cadeas tróficas dos océanos están presentes contaminantes cuxa orixe son os plásticos e os compostos usados na súa fabricación, e por suposto tamén nos peixes que comemos.
Por iso ADEGA pide que se realice unha correcta xestión destes elementos nos sistemas públicos de depuración e se supervise o seu uso nas instlacións pivadas, para impedir a súa vertedura ao medio e contribuir deste xeito a termos uns mares e ríos máis limpos e saudábeis.
Se atopas estes elementos nunha praia/río, podes poñerte en contacto co SEPRONA, mandar un mail a ADEGA ( adega@adega.info ) ou cubrir unha ficha de observación e achegala por mail á Fundación Surfrider, delegación Pirineos Atlánticos.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



