Ribadeo, 26 de marzo de 2019. Empresas de diversos sectores están solicitando continuamente ao CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, traballadores de ciclos formativos nos que hai pouco alumnado ou incluso xa non se imparten actualmente no centro por falta de matrículas. Polo tanto non hai estudantes suficientes para cubrir a demanda de emprego en determinadas ensinanzas como Electricidade ou Carrozaría. Esta situación foi dada a coñecer polo director dous profesores do centro: o director, Isidro Berdeal, e o xefe do departamento de Electricidade, Benito Fernández.
Benito Fernández explicou que “a problemática que estamos notando desde hai xa varios anos é que hai un descenso no número de alumnos das familias tradicionais da Formación Profesional, como Mecánica, Electricidade, Carrozaría ou Albanelería, estudos que son os oficios tradicionais, que son as primeiras familias profesionais que se montaron na FP. Mentres que noutras especialidades de nova implantación si hai moita demanda de matrículas, de 30 alumnos e máis, incluso con lista de espera, pero non teñen tanta saída laboral, resulta que as nosas familias profesionais tradicionais non teñen alumnos. Hai unhas boas dotacións, que se conseguiron ao longo de moitos anos que levan funcionando nos centros de FP, e non hai alumnos. E, polo contrario, si hai moita demanda de emprego por parte das empresas. Nosoutros estamos atopándonos con que grandes e medianas empresas de instalacións eléctricas en liña, de montaxe, de mantemento de centros de transformación, de estaleiros, construción de barcos, fábricas que aumentan a súa produción, que nos piden profesionais e non hai a quen mandarlles. Temos algunha empresa que nos chama todas as semanas para que lles mandemos alumnos en prácticas e outros xa para traballar. Temos incluso ciclos de formación profesional ocupacional para xente desempregada, por exemplo o ano pasado demos un curso onde practicamente todo o alumnado acabou encontrando emprego. Igual ocorre cos ciclos formativos, temos pouca demanda de alumnos e moita demanda de postos de traballo. Precisamente agora estamos dando un curso de megafonía e de circuíto cerrado de televisión, que segundo a Consellería de Traballo é un dos que máis saídas ten. Hai unha rama que ten bastantes alumnos como é Electromecánica, pero por exemplo para Carrozaría non hai alumnos pero si ten demanda. Cando as empresas chaman ao centro pedindo alumnos non temos a quen mandarlles porque non hai estudantes suficientes para cubrir a demanda das empresas”.
E Isidro Berdeal engadiu que “na familia de Carrozaría este curso suprimiuse a oferta que tíñamos de ciclo medio por falta de alumnado matriculado, non alcanzamos o mínimo que esixe a Consellería. Sen embargo os talleres seguen chamando, aínda sabendo que non temos ese ciclo este ano, porque necesitan profesionais tanto para a área de Carrozaría como de Pintura, pero non temos eses alumnos formados nin desta promoción, que non se puido impartir, nin tampouco de promocións anteriores porque xa están traballando”.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



