Lugo, 26 de marzo de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou ao Pleno deste martes unha declaración institucional que recolle textualmente as peticións dos traballadores de Alcoa que lle trasladou directamente o Comité de Empresa. Campos Conde destacou que “creo que a situación de Alcoa debe quedar ao marxe de calquera discusión política, pois hai 2.000 familias da Mariña que viven directa ou indirectamente do funcionamento desta factoría, vital para economía da provincia. Temos que estar ao lado dos nosos veciños e aproveitar que por primeira vez se presentase un estatuto da industria electrointensiva para facer as aportacións necesarias que garantan o futuro de Alcoa”.
Declaración institucional
A declaración institucional recolle o texto íntegro do Comité de Empresa de Alcoa, apuntando o seguinte: As industrias electrointensivas son as que dependen en moi grande medida da electricidade para o seu proceso produtivo. Por iso, calquera variación significativa ou incerta sobre os prezos da electricidade aféctalles dun xeito directo.
Unha parte destas industrias estiveron acollidas á Tarifa G-4, eran as que tiñan un só punto de conexión superior a 100 MW e unha utilización da potencia contratada superior a 8.000 horas/anuais, tiñan a contraprestación da interrompibilidade sen compensación económica pero garantíalles un prezo estable da electricidade.
No 2013, esta tarifa foi eliminada, pasando estes grandes consumidores ao sistema de poxas pola interrompibilidade polo que a cambio de garantir a súa desconexión á rede, no caso de que esta non soportase a demanda, se lles permitía seguir mantendo un prezo competitivo da electricidade e continuar co seu proceso produtivo.
Pero o sistema de interrompibilidade ten graves problemas que son insalvables: 1.- Ao ser unha poxa suxeita ás normas europeas de competencia, implica que necesariamente non todas as industrias van a conseguir os paquetes, polo que as que queden fóra están abocadas ao peche. 2.- A desigualdade que o custe da enerxía eléctrica supón no proceso produtivo do aluminio, preto dun 40% con respecto ás demais industrias hiper-electrointensivas, un 20% a que máis se achega, supón acudir as poxas en inferioridade de condicións. 3.- Non garante que se consiga o prezo da corrente incluso conseguindo os paquetes necesarios. 4.- A Unión Europea ten apercibido ao goberno por este sistema, pois considérao unha axuda de estado.
Outro singular aspecto perverso é que pode ser de utilidade para que unha empresa que pretenda deslocalizar os centros produtivos poida argumentar con facilidade a condición de crise por causas obxectivas só con deixarse quedar fóra do sistema na poxa.
Por estes motivos, o Comité de Empresas de Alcoa en San Cibrao propón que nas alegacións que as administracións presenten ao estatuto de consumidores electrointensivos se regule a tarifa desta industria dun xeito máis xusto e equitativo, recoñecendo o status da industria hiper-electrointensiva, coa creación dunha tarifa industrial estable, con variacións predicibles, á que se poden acoller os grandes consumidores baixo o cumprimento dunha serie de requisitos de consumo, potencia contratada e dispoñibilidade de interrupción de subministro para a xestión da demanda e prezos do sistema eléctrico.
As liñas básicas desta proposta son: – Modificar o sistema tarifario para que as industrias hiper-electrointensivas non soporten os seguintes peaxes que non forman parte do custe de produción da enerxía: primas renovable, custes extrapeninsulares, pagos por capacidade, 2ª parte do ciclo do combustible nuclear e déficit tarifario. Peaxes que deben ser asumidas polos Orzamentos do Estado para non repercutir no resto de consumidores. Por esta rebaixa no prezo da tarifa eléctrica, co esforzo social que supón pasar estas peaxes aos Orzamentos, as empresas, que se acollan a esta tarifa, deberán manter o emprego propio e fixo en todos os seus centros de traballo, así como inversións que garantan a adecuación ás novas tecnoloxías. Medidas que deben ser controladas pola administración pública. – Con cargo aos Orzamentos do Estado, a industria hiper-electrointensiva terá a máxima compensación permitida pola UE por CO2, por competir con industrias instaladas noutros países onde non se limitan as emisión de dióxido de carbono. – Lexislar as opcións de contratos bilaterais entre as empresas hiper-electrointensivas e as compañías eléctricas seguindo o modelo francés que permite asinar contratos a longo prazo 10 anos. Favorecendo así plan industriais e de inversións. – Ademais para producir unha rebaixa xeral no prezo da electricidade, sen que repercuta no funcionamento do sector eléctrico, haberá que retirar do mercado maiorista as centrais hidráulicas e nucleares, que pasarán a cobrar por custes recoñecidos aprobados a proposta da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia. – De manterse algún tipo de compensación pola interrompibilidade dentro do regulamento do estatuto de consumidores hiper-electrointensivos esta será como mínimo de carácter trianual. – Ata a entrada en vigor desta nova tarifa, que é urxente e inaprazable, manterse con carácter transitorio, para as industrias electrointensivas as poxas de interrompibilidade, mantendo a media dos importes dos últimos anos, cos mesmos bloques e recuperando o aviso previo de parada de 2 horas.
Acordos
Por todos este motivos, solicítase ao Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte acordo: 1.- Instar ao Goberno galego e ao Goberno español a que se constitúa unha Mesa de Traballo onde estean presentes todos os sectores afectados, sen exclusións e transparente, para desenvolver o estatuto da industria electrointensiva. 2.- Instar ao Goberno español a que se vaian facendo efectivas de inmediato estas medidas nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2019 e se contemplen no texto definitivo de regulación do estatuto de consumidores electrointensivos as medidas antes sinaladas que nos dotarán dun marco estable para a industria electrointensiva.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



