Ribadeo, 26 de marzo de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, participou esta mañá na entrega de diplomas aos participantes no obradoiro de emprego Doc-Tic III no que 15 mozos e mozas, menores de 30 anos, realizaron traballos de organización e dixitalización de fondos do arquivo municipal. O acto contou coa presenza do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Pilar Fernández López.
O rexedor dirixiuse aos alumnos dicíndolles que “foi unha grata experiencia para nosoutros. Foi un dos mellores obradoiros que houbo nunca, polo menos no que eu coñecín no tempo que levo por aquí. Vin unha responsabilidade moi grande por parte dos alumnos que veñen a aprender e das profesionais que veñen a ensinar, vin unha responsabilidade colectiva moi grande. Seguramente a algúns de vos sírvevos de experiencia, non para traballar no mesmo, pero si vos vai servir para darvos unha autoestima de que na vida se plantexan retos diferentes dos que un non pensa na vida. Igual vosoutros nunca pensariades estar nun arquivo cheo de po para dixitalizar algo non, pero que ao final ten unha utilidade, iso vai quedar para sempre, a través das novas tecnoloxías, para ser accesible a todo o mundo e poder evidenciar ao mundo que Ribadeo ten unha historia de séculos. Máis importante que o título é ter a experiencia de ter retos diferentes e poder encaralos, e a partir de aí abrir a mente e tela moito máis diversificada para moitas cousas”.
O alcalde engadiu que “como aínda non temos todo o arquivo dixitalizado, se houbera máis, para futuros anos, posibilidades de seguir con formación deste tipo sería moi ben vida, entendo que por todos os Concellos da provincia, pero singularmente polos que teñen unha certa historia como Ribadeo. Poderíamos estar moi interesados en seguir colaborando con este tipo de actuacións porque se está facendo un traballo moi bo, que repercute non soamente en historiadores que de vez en cando poidan vir ver un acta do século XVI senón tamén nos veciños, no día a día, cando necesitan, por unha cuestión legal, un expediente dunha licenza de obra ou de actividade dun inmoble do ano 1937, igual agora non era posible, pero a partir de agora vai ser moito máis doado polo traballo enorme de dixitalización. Polo tanto moitos parabéns a todos os participantes e moitas grazas, institucionalmente, á Xunta de Galicia”.
A presente edición do obradoiro de emprego Doc-Tic, promovido polo Concello de Ribadeo, contou coa subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria e o cofinanciamento do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, permitiu a contratación temporal durante seis meses de 16 menores de 30 anos, dos que 15 remataron o obradoiro. Dúas foron as especialidades impartidas: operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais e produción fotográfica.
En paralelo á cualificación profesional realizáronse traballos de organización, descrición e dixitalización de parte da documentación así como actividades de difusión para dar a coñecer o arquivo municipal e a documentación máis significativa atendendo ao seu valor informativo, histórico ou pola súa singularidade.
A modo de síntese desde o Concello de Ribadeo destacan, no que respecta á organización, descrición e dixitalización: a introdución de 10.000 novos rexistros na base de datos XARAL, que corresponden á documentación contida en 1.000 caixas ou unidades de instalación. A documentación de obras e urbanismo está descrita a nivel expediente, tamén se informatizou a descrición dos fondos de tesourería e facenda; a dixitalización de 97 libros de actas, 26 expedientes relativos á Guerra Civil, ao franquismo e ao exilio e 7 planos da Torre dos Moreno, copias dos orixinais en papel prestadas por Ernesto Cruzado, que se restauraron coas ferramentas de retoque fotográfico. Esta actuación permite incorporar copia dixital dos planos dun edificio emblemático da vila que non formaban parte do fondo do arquivo.
En cifras, esta dixitalización supón a creación de máis de 20.332 arquivos en RAW que recibiron o tratamento dixital axeitado co fin de conseguir unha copia máster en TIFF, unha copia en JPEG (formato a máis baixa resolución para a consulta), a creación de miniaturas para a súa previsualización e o gardado de cada un dos libros en PDF.
No relativo á difusión do arquivo, dos seus fondos e a súa riqueza patrimonial ademais de dar a coñecer as actividades do obradoiro, convén relacionar: a elaboración dun tríptico informativo do arquivo municipal; o deseño, programación e desenvolvemento de visitas guiadas; a elaboración de reportaxes fotográficas sobre a vila de Ribadeo; a montaxe dunha exposición de fotografía coa selección de imaxes realizadas para os proxectos fotográficos e os correspondentes catálogos e carteis; e o deseño da páxina de consulta interna da documentación dixitalizada e actualización da páxina web.
Desde o Concello subliñan que “os resultados dos traballos deste obradoiro DOC-TIC II foron realmente positivos e na súa consecución resultou fundamental a colaboración e coordinación entre as dúas especialidades e os seus integrantes”.























Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou a capacidade da romaría para conservar viva unha tradición transmitida de xeración en xeración e profundamente vinculada á identidade da comarca. Xosé Merelles puxo en valor o papel da Romaría do Bispo Santo como exemplo do turismo cultural e espiritual que promove Galicia, baseado na autenticidade, na conservación das tradicións e no patrimonio inmaterial.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.



