Mondoñedo 29-3-19. O Toxiza Clube de Montaña organiza para os próximos 5, 6 e 7 de Abril a 5ª edición do Toxiza Gran Trail, un evento onde se conxuga deporte e solidariedade. A cita coincidirá co Macro Festival Tributo á Verbena, onde actuarán as mellores orquestras durante 48 horas seguidas. O TGT arranca a noite do venres co Vertical Nocturno, unha carreira de montaña onde os participantes tentarán coroar a “Pena da Roca” no menor tempo posible, percorrendo 3 km con 600 m de desnivel positivo. Haberá trofeos para os tres primeiros e tres primeiras clasificadas.
O Sábado 6 de Abril, ás 15:30h sairán da Praza da Catedral os participantes da Andaina Solidaria “Calexóns de Mondoñedo” para percorrer 4 km polos lugares máis fermosos e representativos da cidade. A recaudación irá destinada á Asociación de afectados polo Síndrome de FIRES, unha enfermidade rara da cal está afectada Alexia, unha menor do veciño Concello de Alfoz.
O Domingo 7 de Abril, chega o día mais intenso co Toxiza Gran Trail, unha carreira de montaña con tres opcións diferentes de distancia e desnivel: 14, 21 e 42 km onde os participantes, unha vez recollido o dorsal e a bolsa do corredor con camiseta conmemorativa e productos da zona (bote de mel Ouro Puro, Tarta de Mondoñedo, Fabas de Lourenzá, Cervexa Artesá Augas Santas e botella de auga Fontecelta), terán ocasión de subir a través de pistas e sendeiros ata o Pico Toxiza, percorrer lugares idílicos como a Fraga Vella ou subir ata a Pena da Roca antes de regresar á Praza da Catedral, onde se fará a entrega de trofeos. Haberá avituallamentos durante e ó final de cada distancia e servizo de ludoteca para os máis pequenos, así como un xantar de confraternidade para corredores e voluntarios no pavillón municipal.
As inscricións rematan este domingo, 31 de Marzo, pola noite ou ata completar as prazas ofertadas. Pódense realizar na plataforma de xestión de eventos e cronometraxe Galitiming.com.























A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
