Lugo, 11 de abril de 2019. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou hoxe o importante dispositivo que se desenvolverá na provincia para garantir o proceso electoral do 28 de abril. Isabel Rodríguez explicou que nas eleccións xerais están chamadas a votar na provincia de Lugo 345.037 persoas, das que 278.291 son residentes nos 67 concellos e 66.746 residen no exterior.
Nestes comicios, os lucenses escolleremos 4 deputados no Congreso e 4 senadores. Na nosa provincia, son 12 as candidaturas proclamadas para o Congreso e outras 12 para o Senado.
Respecto da loxística preparada para a celebración das eleccións, a subdelegada do Goberno informou de que na provincia haberá un total de 541 mesas electorais. Ademais, imprimíronse un total de 3.000.000 de papeletas das distintas candidaturas que se presentan ao Congreso dos Deputados e 250.000 papeletas para o Senado.
Para formar as mesas electorais foron elixidos, mediante sorteos celebrados en todos os concellos da provincia, un total de 3.246 persoas. Ademais, 417 representantes da Administracións encargaranse de verificar a correcta apertura das mesas, resolver incidencias e recoller os datos do reconto do voto.
CALENDARIO ELECTORAL
A campaña electoral para as eleccións xerais desenvolverase entre os días 12 e 26 de abril. O día 27 de abril será a xornada de reflexión e as votacións terán lugar o día 28, entre as 9:00 e as 20:00 horas.
O prazo de solicitude do voto por correo está aberto ata o día 18 de abril e o envío dos votos por correo pode facerse ata o día 24 de abril.








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



