Ribadeo, 30 de abril de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, ven de enviarlle un escrito urxente á Consellería de Sanidade para que proceda a modificar os termos da licitación do contrato do servizo de transporte sanitario urxente terrestre en Galicia, e máis en concreto do equipo humano esixido para a ambulancia con servizo vital avanzado medicalizado radicada en Foz. O rexedor critica que a ambulancia de Ribadeo teña que cubrir en ocasións a quenda de noite dese servizo e que o concello quede sen ese recurso.
Fernando Suárez contou que “vimos de remitirlle unha carta urxente ao conselleiro de Sanidade ao ter coñecemento desta licitación, que está levando adiante desde o día de onte, do contrato de servizo de transporte sanitario urxente na comunidade autónoma de Galicia, e máis concreto para o equipo humano que esixe a ambulancia con servizo vital avanzado medicalizado radicada en Foz”.
O rexedor dixo que “pode pensar a xente por qué o alcalde de Ribadeo está cuestionando ou criticando esta licitación que se está facendo na ambulancia medicalizada de Foz, pois porque ten que ver moito coa seguridade para o concello de Ribadeo, porque con este novo concurso que están levando adiante, dende onte, vanlle restar persoal á ambulancia medicalizada de Foz, que ata o de agora tiña catro persoas, dous técnicos de emerxencias, un médico e un enfermeiro, e con este novo concurso vai ter unha persoa menos, vai ter tres, concretamente un técnico de emerxencias, un técnico e un enfermeiro”.
O alcalde explicou que “esta ambulancia medicalizada só fai servizos onde a vida das persoas corre perigo, e con este recorte do presuposto non se pode asegurar a calidade. No caso dunha parada cardíaca fan falta as catro persoas, no caso dun accidente de tráfico que haxa que facer un rescate fan falta catro persoas, etc… Pero é que ademais a ambulancia de Foz que estaba a doce horas, non estaba a vinte catro, segue a doce horas, tendo que cubrir as urxencias de noite Ribadeo ou Burela, sempre que estean dispoñibles, e senón Viveiro ou Mondoñedo”.
Para o rexedor ribadense “con isto seguimos empeorando drasticamente a asistencia no concello de Ribadeo porque se a ambulancia de Ribadeo se ten que desprazar a outro concello para cubrir servizos doutra área, evidentemente Ribadeo queda temporalmente sen ese recurso e iso é gravísimo. A sanidade de calidade non pode estar permanentemente mercantilizada e sometida a estes recortes económicos, que non é máis que o que se pretende con esta nova licitación nestas condicións”.
Fernando Suárez subliñou que “o obxectivo dos servizos sanitarios de emerxencia é salvar vidas cando peor está a situación, e é imposible mobilizar a unha persoa cunha parada cardiorespiratoria cando só están tres persoas, fan falta catro polo que nos levan dicindo todos os profesionais sanitarios. Esixímoslle, a través desta misiva, á Consellería de Sanidade que proceda a modificar nos termos que lle estamos indicando esta licitación, agora que están a tempo, e se configuren os equipos de todas as ambulancias medicalizadas coas mesmas esixencias, suprimindo estas absurdas excepcións que figuran neste momento de baixalo a tres persoas, polo ben da saúde dos veciños de Galicia, e eu polo ben dos veciños e veciñas de Ribadeo”.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



