Foz 1-5-19. Este Mércores, “Foz, Plataforma de Futuro” co seu candidato á alcaldía de Foz, fixo un acto público, no salón de actos da Casa da Cultura, para presentar ós veciños e veciñas do noso Concello as persoas que forman parte da súa candidatura.
Nunha Casa de Cultura ateigada de xente vimos de facer a presentación dos veciños e veciñas que deron un paso para cambiar e mellorar o noso Concello, apostando por participar na vida pública e política do noso Concello, formando parte da lista de “Foz, Plataforma de Futuro”.
Queremos dar as gracias publicamente a todos e todas as persoas que nos acompañaron neste acto entrañable onde explicamos brevemente o moito traballo feito durante estes catro anos na oposición, e adiantamos algunhas novas liñas para os vindeiros catro anos no Goberno do Concello de Foz.
Unha lista electoral feita para gobernar Foz dende Foz os vindeiros catro anos, con xente preparada e representativa da sociedade de Foz, unha mezcla de xuventude e veteranía: empresarios, estudantes, amas de casa, formadores, profesores, parados, autónomos, xubilados, empregados de supermercados ,empregados do sector naval, etc , pero sobre todo veciños e veciñas comprometidos e comprometidas en entregar os mellores anos da súa vida en traballar por mellorar Foz e mellorar os servizos dos nosos veciños e veciñas.
Sen tutelas, sen estar dirixidos dende Lugo, Santiago, ou Madrid, cun slogan claro “A NOSA PRIORIDADE,FOZ”, gobernaremos Foz dende Foz, e coa claridade que para nós a palabra FOZ significa os mais de 10.000 habitantes e as 8 PARROQUIAS do noso Concello.
Unha lista formada por 7 mulleres e 10 homes, renovada nun 70% con respecto a fai catro anos, con xente que nunca participou en política, e xente que estivo xa ocupando postos de responsabilidade en distintas corporacións.
LISTA ELECTORAL “FOZ,PLATAFORMA DE FUTURO” FOZ 2019
LUIS ALFONSO SIXTO LEGASPI (FOZ)
VICTOR COUTO BARRIENTOS(FOZ)
MARÍA PEÑA RUBIÑOS FERNÁNDEZ (NOIS)
PEDRO FERNÁNDEZ MARFUL (CANGAS)
VERÓNICA YÁÑEZ VÁZQUEZ(VILARONTE)
RAMÓN SIXTO LEGASPI (STA CECILIA)
LESINDA MARTÍNEZ SIXTO(FAZOURO)
CESAR FERNÁNDEZ VILA (SAN MARTIÑO)
ANABELA BRITO CARREIRA SEMEDO(FOZ)
PAULA RICO RAMOS (MARZÁN)
JUÁN LUIS GONZÁLEZ RIVEIRO(FOZ)
FRANCISCO FERNÁNDEZ DÍAZ (VILAXOANE)
Mª DOLORES SAMPAYO GONZÁLEZ (FOZ)
RAMÓN MANUEL RODRÍGUEZ PIÑEIROA (VILAXOANE)
JOSÉ GEADA MARRUBE (FOZ)
ANA ISABEL VILLARINO (FAZOURO)
JESÚS IGUALADA MORENO (FOZ)























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



