A Mariña 2-5-19. A plataforma formada pola Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa), Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), Federación Rural Galega (Fruga) e Sindicato Labrego Galego (SLG), solicitaron a varios concellos da Terra Chá o seu apoio á marcha de protesta con cacerolada que se celebrará o 8 de maio en Compostela para demandar solucións aos danos causados pola fauna salvaxe.
En concreto, poñerán autobuses para facilitar o desprazamento das persoas interesadas en participar nas protestas os concellos de Guitiriz, Muras, A Pastoriza e Xermade. Tamén se lles propuxo apoiar aos concellos de Abadín, Cospeito e Vilalba, pero non contestaron a petición. Todas as persoas que queiran utilizar este servizo brindado polos concellos chairegos terán que anotarse chamando ao teléfono 659 985 308. Tamén existe a posibilidade de anotarse directamente en cada concello que, no caso particular da Pastoriza, é a única forma posible de facelo.
A Terra Chá, unha das que ten maior riqueza gandeira da Galiza, é das que están a ser máis castigada polos ataques de fauna salvaxe. Coas estatísticas de 2017, Muras foi precisamente o concello no que máis ataques de lobos se denunciaron, con 84, seguido de Abadín (51) e Vilalba (33). Os ataques de lobo están concentrados, sobre todo, na zona d’O Xistral. En canto aos danos do xabaril, están a facer desistir a moitas granxas de botar millo polos reiterados ataques ás fincas e a pouca eficacia das medidas preventivas.
Dende as organizacións convocadoras, esixirase da Xunta medidas como:
Control das poboacións de fauna salvaxe: A Xunta de Galicia é a responsábel da xestión da fauna salvaxe na Galiza. Por iso, esiximos da Xunta medidas concretas como a elaboración de censos de poboación das diversas especies silvestres por comarcas para determinar en que zonas existen desequilibrios e actuar en consecuencia. Cando unha especie deriva en praga pode facer insostibles actividades tradicionais como a agricultura ou a gandería, ou mesmo poñer en perigo a supervivencia doutras especies salvaxes.
Cobertura do 100% dos danos: A Xunta debe ser a responsábel civil subsidiaria do 100% dos danos causados pola fauna salvaxe, xa que o seu mantemento e conservación é unha responsabilidade do conxunto da sociedade galega. Por ese motivo, esiximos que se cubra a totalidade das perdas causadas por especies salvaxes e, en concreto, que se cree con carácter de urxencia o fondo de corresponsabilidade previsto xa pola Lei de Caza en 2013.
Control sanitario efectivo da fauna salvaxe: Está a haber un incremento alarmante das enfermidades de carácter contaxioso propagadas por especies salvaxes dentro e fóra de Galiza. Así, estamos asistindo á aparición de novos focos de peste porcina africana, tuberculose bovina ou brucelose no gando; ou a transmisión da Enfermidade de Lyme nas persoas a través da carracha do corzo (Ixodes ricinus), que pode causar graves consecuencias na saúde humana e mesmo a morte. Agora mesmo, non se está a facer practicamente nada ao respecto e debería haber un programa de control sanitario suficientemente dotado en orzamento e medios para evitar futuras crises sanitarias e que involucrase consellarías como Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade.
Financiamento suficiente para as medidas de prevención: Na actualidade, as medidas preventivas contra os ataques da fauna salvaxe son manifestamente insuficientes. Para que a prevención sexa efectiva, cómpre deseñar un plan de maneira coordinada cos diversos axentes dos sectores agrogandeiros e dotalo con suficiente orzamento.
Xestión territorial: A medio e longo prazo é necesaria unha ordenación do territorio, poñendo especial fincapé na xestión do monte e superficies boscosas en estado de abandono na proximidade de zonas con actividade agrogandeira, así como na persecución e denuncia da forestación de terras agrarias.



















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



