Burela 2-5-19. A Sociedade Cultural Recreativa Musical “Ledicia”, de Burela convoca un concurso de carteis co gallo da celebración da XXXV Feira do bonito que tera lugar o vindeiro 3 de agosto de 2019 na explanada portuaria da localidade.
BASES
1. Poden participar tódalas persoas que o desexen.
2. Convócase o concurso en dúas categorías:
• Categoría A: concursantes ata 14 anos
• Categoría B: concursantes maiores de 14 anos
3. O tema debe ter -necesariamente- relación co bonito e/ou co ensalzamento da feira.
4. O encabezamento do traballo será: XXXV Feira do Bonito, e deben aparecer tamén o lugar e data de celebración da mesma: Burela 3 de agosto de 2019.
5. A técnica a empregar é libre, pero no caso de traballos que se presenten en soporte informático, deben acompañarse dun exemplar impreso.
3. As medidas para os traballos son:
• Cat. A: 15 x 20 cm.
• Cat. B: 50 x 65 cm.
7. Cada autor pode achegar un ou varios traballos, sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior e a categoría na que participa no exterior.
8. Os orixinais poden entregarse ata o día 27 de maio de 2019 no local social de Ledicia, ben por correo (Rúa do Ril n° 4 – entr/baixo 27880 –
Burela), ben de xeito persoal os mércores entre as 20:30 h e as 22:30 h
9. Premiarase un traballo por categoría; correspondendo o gañador da Categoría A ó programa de man; e o da Categoría B ó cartel anunciador da Feira.
10. Os premios consistirán en obsequios representativos da Feira e entregaranse o día de celebración da mesma.
11. Tódolos orixinais quedarán en poder da S.C.R. Ledicia.
12. A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases.