Burela, 2 de maio de 2019 . A lonxa de Burela foi durante toda a mañá de hoxe o escenario da presentación do proxecto Peque Peixe, unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, destinada a formar os nenos e nenas de 3 a 15 anos na terminoloxía mariñeira e pesqueira en galego. O secretario xeral, Valentín García, e o delegado territorial José Manuel Balseiro participaron no acto de presentación desta iniciativa, un evento que contou co apoio da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP-7) e de Armadores de Burela (ABSA). Fixérono acompañados por 132 nenos e nenas de tres CEIP da comarca, que recibiron, xunto con outros agasallos, unha das seis unidades didácticas que compoñen os materiais de Peque Peixe e que poden descargarse no web www.pequepeixe.gal.
Valentín García lembroulles aos asistentes “que Galicia é unha terra con moito mar e onde moita xente vive deste, así que a nosa lingua propia conta con nomes ben expresivos e axeitados para denominar os peixes que comemos”. Por este motivo, fixo un chamamento “a seguir empregándoos e a facelos visibles nos carteis das peixarías, das prazas e dos supermercados, así como a transmitírllelos aos nosos fillos e fillas cando nos sentamos con eles á mesa a compartirmos o tan saudable hábito de comer peixe”.
Canda eles participaron no acto os xefes territoriais das consellerías de Cultura e Turismo, do Mar e de Educación, Universidade e Formación Profesional, María José Gómez, Pablo Fernández Asensio e Mariña Gueimunde, respectivamente; o alcalde, Alfredo Llano; Sergio López, xerente da OPP-7, e Miguel Neira, presidente de ABSA.
O biólogo mariño Javier García Galdo foi o encargado de detallar os obxectivos e contidos dos materiais didácticos incluídos na iniciativa.
Visita guiada polos Bolechas
Os 132 estudantes de segundo de primaria dos CEIP Virxe do Carme de Burela, Fondo Nois de Foz e Península da Paz de San Cibrao tiveron ocasión de percorrer a lonxa de Burela acompañados por uns guías moi especiais: os famosos Bolechas, personaxes do debuxante Pepe Carreiro que, como os cativos ben saben e comprobaron tamén nesta ocasión, falan en galego nos libros, na tele e no contacto directo. A continuación, o alumnado asistente participou nun show cooking con Ana Oca, cociñeira finalista de Master Chef Junior, quen lles mostrou varios segredos de preparación do peixe e lles revelou a súa importancia para unha dieta saudable.
Peque Peixe
Para o proxecto Peque Peixe da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a consultora especializada en pesca Sinerxia Plus desenvolveu 6 unidades didácticas adaptadas a diferentes grupos de idade co fin de darlles a coñecer a pequenos e mozos de 3 a 15 anos as profesións mariñeiras, as artes de pesca, a bioloxía do mar ou os tipos de peixes. Todas elas poden verse e descargarse de balde en www.pequepeixe.gal, así como desde o Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal).























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



