NOTA DE PRENSA
Os populares piden que o concello apoie que autónomos e empresarios aplacen o pago do IVE das facturas non cobradas.
Para o PP, “unha grande parte do tecido socioeconómico burelés débese ós autónomos e ás pemes”.
Pernas Chao e González Barcia presentan unha moción ó respecto.
O PP de Burela anunciou hoxe que vén de presentar unha moción para que o Concello de Burela apoie a promulgación dunha norma legal que permita ós traballadores autónomos e pequenas e medianas empresas non liquidar o IVE das facturas que ainda non foron cobradas en tanto en canto o cobro non se efectúe.
Esta moción, presentada por Pablo Pernas Chao e José María González Barcia, lembra que hai un mes o Congreso dos Deputados acordou por unanimidade a toma en consideración dunha proposición de lei presentada polo PP sobre este asunto.
Pernas Chao e González Barcia consideran que este colectivo de traballadores autónomos é pemes tén unha enorme e trascendental importancia dentro do tecido socioeconómico burelés, polas súas diversas funcións de empregadores, xeradores de actividade económica e outras de calado social, como as de fixación da poboación no noso termo municipal.
Pernas Chao e Barcia indican que tamén é sabido que nos momentos alcistas do ciclo económico a súa actividade coma empresarios é crucial para explicar o dimensionamento do mercado laboral e o gran aumento da empregabilidade, tendo en conta a estructura productica da economia galega en xeral e burelesa en particular, son os autónomos e pequenos empresarios os que asumiron a responsabilidade de seren, coma colectivo, uns dos principais axentes de creación de emprego no noso concello.
Os concelleiros populares lembran que os traballadores autónomos e as pequenas e medianas empresas están véndose moi afectadas pola crise económica que atravesa noso país. O número de autónomos afiliados á Seguridade Social estase a reducir e consecuentemente a creación de empresas.
Asimesmo, autónomos e PEMES están atravesando os mais graves atrancos e son os que atopan mais dificultades para obter financiación. A maioría das PEMES que acudiron a unha entidade para solicitar crédito tiveron problemas para obtelo.
Por todo elo, aseguran Pernas Chao e González Barcia, o Congreso dos Deputados, a instancia do Grupo Parlamentario Popular, aprobou o 21 de abril de 2009, unha Proposición non de lei relativa á medidas fiscais para mellorar a liquidez de PEMES e autónomos que non cobren as súas facturas.
A pesares do tempo transcurrido, o Goberno non deu cumplimento ao mandato do Congreso dos Deputados, polo que o 8 de octubre de 2009 se promoveu unha proposición de lei para modificar a Lei 37/1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido, co fin de eximir a PEMES e autónomos da obligación de tributar por IVE polas facturas non cobradas.
Pernas Chao e González Barcia confían que a moción sexa apoiada pola totalidade da corporación burelesa dada a unanimidade existente no Congreso para a tramitación desta norma legal.




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



