
cof
Cervo, 25 de xuño de 2019.- O Concello de Cervo presenta unha nova edición das Noites Alternativas que comezarán o vindeiro martes, 2 de xullo. Esta mañá os concelleiros David Rodríguez e Dolores García Caramés fixéronlle entrega dos dípticos informativos aos rapaces e rapazas do instituto.
O volei praia, na praia do Torno, será a actividade que inaugure unha completa axenda lúdico-deportiva que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto en direrentes ubicacións de Cervo e San Ciprián; a partir das 22:00 horas o primeiro día de cada actividade. O resto de xornadas poderán variar os horarios en función dos grupos participantes.
As inscricións, abertas a todos o mozos do Concello, pero tamén a todos aqueles visitantes e veciños da contorna que desexen participar, deberanse facer o primeiro día de cada actividade, entre as 20:30 e as 21:30 horas.
Segundo indica o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, “volvemos deseñar un calendario deportivo amplo e con actividades moi diferentes, pensadas como alternativa de ocio para os rapaces e rapazas durante a tempada estival; co obxectivo de que, tamén nestes meses, desenvolvan hábitos de vida saudable, beneficiándose das bondades da actividade física en xeral.
Así, haberá fútbol praia, fútbol 3×3, rutas en kaiaks, volei praia, basket 3×3, pádel, unha noite do patín, noites de orientación e xogos.
As actividades desenvolveranse na praia do Torno, na zona do Porto, na Praza do Souto, de Cervo, na Praza dos Campos, de San Ciprián, e nas instalacións do complexo deportivo da Veiga.
Todas as actividades son de balde, e fixaranse diferentes categorías a partir dos 8 anos (sub 10, sub 12, sub 15, sub 17 e Sénior).
Villares anima a toda a mocidade a que participen nas actividades, a que aproveiten o bo tempo para facer deporte ao aire libre, compartindo tempo de lecer con outros compañeiros e compañeiras.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



