Lugo, 26 de xuño de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe de que 308 lucenses xa se deron de alta desde o mes de abril na Seguridade Social grazas a unha iniciativa do Executivo de Pedro Sánchez que ofrece aos coidadores non profesionais de persoas dependentes a posibilidade de asinar un convenio especial coa Seguridade Social. Este convenio especial non ten custe ningún para os coidadores non profesionais de persoas que teñen recoñecida unha prestación económica pola súa situación de dependencia, xa que o Estado asume por eles a cotización correspondente.
A subdelegada do Goberno lembrou que ao terminar este mes de xuño, rematará o prazo para que os coidadores que levan tempo en activo poidan acollerse a esta medida con efecto retroactivo. Isabel Rodríguez informara no seu día a todos os alcaldes da provincia da entrada en vigor do Convenio Especial para Coidadores non Profesionais de Persoas Dependentes, así como dos trámites e requisitos para acollerse a estas vantaxes, para garantir que o persoal dos servizos sociais municipais poida informar a todos os posibles beneficiarios.
Desde o 1 de abril, os coidadores non profesionais de beneficiarios da lei de dependencia poden suscribir un convenio especial coa Seguridade Social sen ter que pagar as cotizacións, que correrá a cargo da Administración Xeral do Estado. A principal vantaxe para os coidadores non profesionais, maioritariamente mulleres, é que deste xeito os anos adicados ao coidado da persoa dependente inclúense na súa vida laboral e contribúen a xenerar dereito a prestacións como a de xubilación ou a de incapacidade permanente.
TRAMITACIÓN
Este convenio especial diríxese a persoas designadas como coidadoras non profesionais no Programa Individual de Atención, elaborado polos Servizos Sociais correspondentes ao concello de residencia da persoa solicitante. Para suscribilo é preciso que non estea dada de alta na Seguridade Social en ningún réxime a tempo completo nin no desemprego.
Ademais, a persoa que recibe os coidados ten que ter recoñecida a prestación económica de dependencia.
A solicitude débese presentar nas oficinas da Tesourería da Serugidade Social nas que existe un formulario para este fin. Tamén se pode solicitar na sede electrónica utilizando o servizo de “Alta en Convenio Especial”, sempre que se dispoña de certificado electrónico. Hai que acompañar o formulario correspondente coa resolución da prestación económica da dependencia e o DNI tanto do coidador non profesional como da persoa dependente.
Se ao suscribir o convenio se opta pola base de cotización equivalente ao tope mínimo do réxime xeral, o pago da cota será asumida na súa totalidade pola Administración. No caso de que o coidador non profesional opte por unha base de cotización superior, a Administración do Estado asume a cota correspondente á base mínima de cotización e o coidador paga o resto.
VIXENCIA DO CONVENIO ESPECIAL
Os convenios especiais de coidadores non profesionais das persoas en situación de dependencia suscritos con anteriores ao 1 de abril continúan vixentes, pero os interesados xa non terán que facer fronte ás cotas, senón que a súa financiación corre por conta da Administración Xeral do Estado. Este cambio produciuse de oficio para os 7.000 coidadores que o tiñan suscrito.
Os coidadores de persoas dependentes que tiñan recoñecida a prestación económica con anterioridade ao 1 de abril teñen tres meses (90 días naturais) para solicitar o convenio e que os seus efectos se extendan desde esa data, o propio 1 de abril. Se o suscriben a partir do 30 de xuño, o convenio terá efectos a partir da data de suscripción.
Asimesmo, os coidadores de persoas que vexan recoñecida a súa prestación económica de dependencia a partir do 1 de abril teñen 90 días para solicitar o convenio se queren que os seus efectos sexan dende o momento da data de recoñecemento da prestación. Se o fan despois dese prazo, o convenio terá efectos a partir da data de suscripción do mesmo.
No caso de que o coidador pase a ser titular dunha pensión de xubilación, incapacidade permante de viudedade ou de favor familiar ou cumpra os 65 anos, terá que dar de baixa o seu convenio. Tamén se extingue cando falece a persoa asistida, se deixa de percibir a prestación económica para coidados familiares ou se deixan de prestar servizos como coidador.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



