Viveiro, 28 de xuño de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, presidiron hoxe a Xunta Local de Seguridade que ultimou o dispositivo de seguridade para o Resurrection Fest, un multitudinario evento musical ao que asistirán, durante os catro días de celebración de concertos, 100.000 persoas, segundo as previsións que baralla a organización do festival.
Para garantir a súa seguridade, deseñouse un amplo dispositivo no que participarán todos os corpos de seguridade e de emerxencias, xunto cos servizos privados contratados pola organización. A Policía Nacional, a Garda Civil –cos seus servizos de Tráfico e do Mar-, a Policía Local, a Policía Autonómica, Protección Civil, Bombeiros e o resto de servizos sanitarios e de emerxencias colaborarán para manter a convivencia e evitar posibles incidencias, tanto no recinto do festival como na zona de acampada de Covas.
A subdelegada do Goberno explicou que a Policía Nacional de Viveiro contará con reforzos entre os que se inclúen membros das unidades de intervención, que son expertos en grandes eventos nos que se poden producir situacións de risco como poden ser avalanchas, ademais de ter o apoio de axentes a cabalo, guías caninos e funcionarios da brigada móbil.
No operativo tamén participará o subsector de Tráfico da Garda Civil, que disporá de 15 patrullas para facerse cargo do control dos accesos a Viveiro e ás proximidades do recinto para asegurar fluidez e a seguridade da circulación, labor na que tamén traballará a Policía Local, que ten previsto un plan de tráfico especial con motivo do festival no que, ademais dos seus axentes, contará con reforzos procedentes de Lugo, Ferrol, Burela e Cedeira.
O servizo marítimo da Garda Civil ocuparase da vixilancia por mar e manterá atracada a súa patrulleira no porto de Celeiro, que tamén colabora no dispositivo.
Tamén se ocuparán da seguridade do festival efectivos da Policía Autonómica e de Protección Civil e dos Bombeiros de Viveiro, así como os servizos sanitarios para atender calquera situación de emerxencia que puidera producirse. Ademais, o centro de mando avanzado da Axencia Galega de Emerxencias estará instalado na zona durante todos os días que dura o festival.
Pola súa parte, a organización do festival contará con un servizo de seguridade privada que, entre outras tarefas, ocuparanse de regular os accesos ao interior do recinto.
Como xa se fixera na anterior edición, o Concello de Viveiro instalará un Punto Lila para concienciar contra a violencia de xénero e prestar axuda a calquera muller que puidera ser vítima dalgún tipo de abuso e a organización conta tamén con un protocolo de actuación en materia de violencia machista.
Na reunión que celebrou esta mañá a Xunta Local de Seguridade participaron, ademais da subdelegada do Goberno e a alcaldesa, representantes da organización do festival, da Policía Nacional, a Garda Civil, o subsector de Tráfico, a Garda Civil do Mar, a Policía Local,a Policía Autonómica, Protección Civil, o Parque de Bombeiros, o PAC de Viveiro, a Policía portuaria, o Porto de Celeiro e a Confraría de Pescadores de Celeiro.
PLAN DE TRÁFICO
A Policía Local ten previstas restricións ou modificacións temporais do sentido normal da circulación nas seguintes vías:
-Avda. de Ramón Canosa, treito entre a LU-862 e cruce da Piscina Municipal: restrinxido con control de acceso desde as 13:00 horas ata o remate dos concertos os días 3,4,5 e 6 de xullo.
-Rúa Lavandeiras, treito entre a Conserveira e o Pósito: habilitarase o dobre sentido de circulación desde as 8:00 horas do día 1 de xullo ata as 8:00 horas do día 8 de xullo. Prohibición de estacionamento en dito treito, agás na praza de persoas con mobilidade reducida.
-Rúa Antonio Blas e estrada As Nogueiras: sentido único de subida por Antonio Blas, agás autobuses. A baixada de San Roque farase por As Nogueiras, agás os autobuses.
-LU-862 con LU-102, desvíos provisionais polas noites dos días de Festival en función das necesidades do transito peonil e a aglomeración de persoas na vía pública.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



