Cervo, 28 de xuño de 2019.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, deu a coñecer este mediodía a organización do novo Goberno resultante das Eleccións Locais celebradas o pasado 26 de maio.
O propio Villares será o encargado das coordinación das diferentes delegacións divididas por áreas de xestión do seguinte xeito:
Delegación de Facenda, Educación, Cultura e Patrimonio, e as específicas que sexan determinadas puntualmente pola Alcaldía: á concelleira Mª Dolores García Caramés.
Delegación de Medio Ambiente Obras e Infraestruturas, Sanidade e Policía Local, e as específicas que sexan determinadas puntualmente pola Alcaldía: á concelleira Manuela Méndez Álvarez.
Delegación de Deportes, Turismo, Formación e Emprego, e as específicas que sexan determinadas puntualmente pola Alcaldía: ao concelleiro David Rodríguez Pernas.
Delegación de Réxime Interior, Zona Rural e Protección Civil, e as específicas que sexan determinadas puntualmente pola Alcaldía: ao concelleiro Alfredo Antonio Fernández Casas.
Delegación de Xuventude e Ecoloxía, e as específicas que sexan determinadas puntualmente pola Alcaldía: á concelleira Denise Galán López.
Delegación de Servizos Sociais e Igualdade e as específicas que sexan determinadas puntualmente pola Alcaldía: á Concelleira Mª Concepción Pilar Armada Carrete.
O rexedor destacou a gran confianza que ten depositada neste equipo “formado por veciñas e veciñas de Cervo con acreditada capacidade de traballo e con moitas ganas de seguir a traballar por este Concello”, e destacou “a aposta por un Goberno activo, participativo, implicado ao 100% e ao servizo da veciñanza de Cervo os 365 días do ano”.
Segundo explicou Villares “quixemos reforzar a política de concienciación ambiental que temos contemplada na nosa estratexia medioambiental coa creación dunha área específica de Ecoloxía “na que incidiremos especialmente en buscar a complicidade e a implicación da veciñanza a través de diferentes campañas de voluntariado enfocadas ao fomento da reciclaxe, ao benestar animal…; impulsando prácticas que favorecen a sustentabilidade ambiental, entre outras iniciativas”. O rexedor precisou que esta área tamén engloba a continuación do plan integral de reforestación con autóctonas nos montes municipais, as campañas de compostaxe doméstica (a día de hoxe máis de 200 familias teñen un composteiro no no seu fogar doado polo Concello) ou as diferentes campañas didácticas de concienciación (visitas as plantas depuradoras, ciclo da auga, Día da Árbore…); entre outras.
Para nós é prioritario traballar en prol da sustentabilidade ambiental –engadiu- “e conseguir esa implicación activa da veciñanza incidindo na conservación e protección da nosa contorna”.
Ademais, a área de Patrimonio, que foi creada no ecuador do anterior mandato, continúa a ter un peso determinante no novo Goberno “porque está demostrado que resultou de gran utilidade para o noso Concello”, aí están, por exemplo, a posta en marcha do Centro de Emprendemento de Sargadelos ou a rehabilitación das Escolas Vellas de Cervo, así como os importantes pasos dados para lograr a posta en valor do Castro da Atalaia, “que son algúns dos obxectivos polos que decidimos poñer en marcha esta concellería específica que está a dar froitos importantes”.
Os Servizos Sociais, a Cultura, a Educación, o Deporte, a Xuventude, o Emprego ou o Medio Rural volven ser piares fundamentais para a Administración Local.























A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



