Cervo, 5 de xullo de 2019. A sesión plenaria celebrada na tarde de onte en Cervo permitiu, cos únicos votos do Partido Popular, aprobar asignacións económicas para o grupo de goberno que incrementan o gasto anual con respecto a Hai catro anos nun 60%. Isto suporá un gasto por riba dos 160.000 euros ao ano. O Partido Popular tamén aprobou a contratación como persoal de confianza dun gabinete de prensa e propaganda, que estará ao servizo da alcaldía e do grupo de goberno, cun gasto anual de 24.000 euros. O portavoz municipal nacionalista, Diego Fernández, logrou sacar adiante a creación da Comisión de Urbanismo e Patrimonio para impulso do PXOM, que leva 14 anos parado, e o coidado e recuperación do cuantioso patrimonio cultural do concello.
O BNG SACA ADIANTE A PROPOSTA PARA CREAR UNHA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO E PATRIMONIO PARA IMPULSO DO PXOM, E O COIDADO E RECUPARACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL
Diego Fernández mostrou a súa satisfacción o aprobarse por unanimidade a proposta nacionalista para crear unha comisión informativa de urbanismo e patrimonio co fin de impulsar a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e velar polo coidado, protección e recuperación do valioso e cuantioso patrimonio cultural do concello.
O nacionalista explicou que “o documento do PXOM de Cervo leva 14 anos parado sen un so trámite administrativo cando é unha peza fundamental para ordenar o futuro do concello”. Diego Fernández tamén xustificou a petición para crear esta comisión para evitar desfeitas como a sucedida no Castro da Atalaia, que non tería sucedido de terse aprobado o PXOM, ou para tratar de tomar as mellores decisións para o coidado e recuperación do patrimonio, tanto desde un punto de vista cultural como económico polos importantes beneficios que pode reportar ao concello.
O GRUPO DE GOBERNO DO PP PARASITARÁ AS ARCAS PÚBLICAS MUNICIPAIS CON SEIS DOS SETE EDÍS COBRANDO DA FACENDA PÚBLICA
O portavoz nacionalista, Diego Fernández, acusou ao alcalde e ao seu grupo de “ser un goberno que parasita as arcas públicas até o punto de resolverlle a vida a seis das sete persoas que o compoñen”. Dáse a circunstancia, afirmou Fernández, que “o único concelleiro do PP que non vai cobrar da facenda municipal é o único que ten emprego propio fóra da institución municipal”.
Diego Fernández sostivo, acolléndose á información oficial, que o custe do grupo de goberno do PP incrementarase nun 60% con respecto a hai catro anos e superará os 160.000 euros anuais, “algo inasumíbel nun concello de pouco mais de 4.000 habitantes”.
Catro edís do PP contarán con dedicacións cun custe anual de máis de 123.000 euros, outras dúas cobrarán por asistencias a Xuntas de Goberno 150 euros por sesión, que de celebrarse ordinarias suporán un gasto de 7.200 euros ano, aínda que a previsión seguindo a norma dos últimos anos será multiplicar as sesións por dous ou tres coa convocatoria de Xuntas de Goberno extraordinarias. O gasto do grupo de goberno complétase coa contratación dun posto de persoal de confianza nomeado pola alcaldía cun custe anual de 24.160 euros para prensa e comunicación municipal, pero que na práctica funciona como órgano de prensa e propaganda do grupo de goberno e mesmo do Partido Popular de Cervo, como xa se comprobou en numerosas ocasións.
CERVO É O ÚNICO CONCELLO DA PROVINCIA XUNTO CON LUGO CAPITAL QUE CONTA CON GABINETE DE PRENSA AO SERVIZO DA ALCALDÍA, ADEMAIS NOMEADO COMO PERSOAL DE CONFIANZA
Diego Fernández, acusou ao PP de desvergoña política no uso das arcas públicas e insistiu no cualificativo de goberno parásito, xa que só un dos seus edís conta con traballo propio e non cobrará da institución municipal. Malia as preguntas do edil nacionalista, o alcalde e a portavoz do grupo de goberno foron incapaces de xustificar a excepcionalidade da creación da praza de asesora do gabinete de prensa, tal como esixe a Lei de Racionalidade e Sustentabilidade da Administración Local ou o Art. 104bis da LRBRL para concello de 2000 a 5000 habitantes.























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



