Lugo, 19 de xullo, 2019. O Grupo Provincial do PP lamenta “a pouca altura política” do actual presidente da Deputación, pois “a tan só 24 horas da súa toma de posesión, é unha mágoa que só saibamos o que non quere facer”. Para os populares, isto evidencia, “que encabeza un equipo sen proxecto de provincia”.
Proba delo, é que o dirixente socialista “aínda non foi quen de explicar o contido do pacto co BNG; cuestión que nos parece unha falta de respecto aos lucenses, xa que, cando un accede a un posto coma este, o mínimo é dar conta dos proxectos que pretende levar a cabo”. Neste caso, matizan, “non é así”. “Sabemos que non quere facer máis residencias, que quere quitarlle competencias á Deputación… Máis que construír, parece que quere destruír… Nin que quixera facer un ERE no funcionamento da institución”, ironizan.
“As residencias, en perigo”
Para os populares, o feito de que o presidente rexeite executar novos centros da terceira idade, “fai saltar todas as alarmas”. “O que constatamos é que estes están en serio perigo hoxe máis ca nunca”, así como os postos de traballo que foran creados para traballar neles. Por este motivo, consideran que o titular provincial debe explicar publicamente a todos os veciños que pasa cos anuncios realizado polo seu predecesor Darío Campos antes das eleccións, e que incluían a construción de novas residencias nos seguintes municipios:
Cervantes: o 15 de maio de 2019, o alcalde de A Pontenova asinou co homólogo deste Concello o convenio de execución.
Un mes antes, o 12 de abril, o mesmo rexedor deu a coñecer que se aceptaron as parcelas para as de Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón e Portomarín.
Ourol: o 5 de maio, o Pleno ordinario local aprobou por unanimidade a desafección do edificio do antigo colexio para destinalo a uso residencial da terceira idade e centro de día. O 6 de xuño o rexedor local asinou o convenio coa Deputación para facer realidade esta demanda veciñal.
Pantón: en novembro de 2018, Campos anuncia unha partida de medio millón de euros nos Orzamentos de 2019 para a execución da residencia nesta localidade.
A Pontenova: en xuño de 2018, a Deputación aprobou en Xunta de Goberno a adquisición dos terreos nos que se prevé a construción do xeriátrico.
“Desacredita ao anteriores presidentes do seu Partido”
Os deputados do PP manifestan a súa sorpresa por esta decisión, pois a construción destes centros foi un dos “anuncios estrela do besteirismo, e que, en consecuencia, decidiu continuar Campos”. Concretamente, en decembro de 2010, o Consello de Administración de SUPLUSA aprobou esta iniciativa.
“Se a Deputación fixo residencias foi porque o PSOE quixo. Ou é que ao Sr. Tomé se lle olvida que foi o seu compañeiro Besteiro o que decidiu encargar a SUPLUSA o desenvolvemento dos proxectos e asinar convenios cos respectivos alcaldes?”, preguntan os populares.
“Claramente esta desacreditando a Besteiro e a Campos. É certo, que ningún destes cumpriu a palabra dada respecto da súa posta en marcha, pero o que a ninguén se lle escapa é que se estes centros non están en funcionamento é por culpa da xestión do PSOE”. Refírense a que xa o expresidente Besteiro falaba de iniciar as obras a principios de 2011; “unha previsión que xamais cumpriu”, así como á polémica xurdida no último mandato, e que incluíu cambios de estatutos e na presidencia da Sociedade.
“Presidente de xornada reducida”
O integrantes deste Grupo Provincial tamén lle sorprende que Tomé Roca anuncie publicamente que vai estar dous días no Concello e tres na Deputación, pois “estanos dicindo que será un presidente de xornada reducida”. “Será un presidente e un alcalde ausente. Veremos en que resulta”, conclúen.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



