Foz, 29 de xullo, 2019. As xornadas de historia local organizadas pola asociación cultural A Pomba do Arco continúan hoxe martes 30 de xullo ás 20:30 na casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz cunha palestra a cargo do historiador e investigador Carlos Pereira Martínez titulada “A masonería na Mariña nos séculos XIX e XX”. Pereira Martínez, licenciado en historia, doutorando en historia medieval e actualmente traballando na súa tese de doutaremento sobre “A orde do templo no Reino de Galiza”. Asemade é autor dunha abondosa obra bibliográfica centrada fundamentalmente na Idade Media e na época contemporánea, fundamentalmente na república e a represión, sendo actualmente unha das voces máis autorizadas no ámbito dos estudos sobre a masonería, con diversos traballos publicados en diferentes medios galegos. A este respecto merece unha particular relevancia a serie de biografías sobre masóns relevantes na historia de Galiza e as súas achegas a análise deste movemento nas tres primeiras décadas do século XX.
A palestra de Carlos Pereira comezará cunha reflexión sobre o que é a masonería, para entrar a continuación na análise da implantación da mesma na Mariña de Lugo no século XIX, recollendo as noticias dunha posible loxa en Ribadeo no Trienio Constitucional e outra en Viveiro a finais de século, e continuando co estudo das loxas documentadas nese século: en Ribadeo, as loxas “Perfección nº 89” (1873-1876) e “La Fortaleza nº 82” (1891-1894), e en Mondoñedo a “Vallibria Redempta nº 397/nº 7” (1888-1892), da que foi figura destacada o médico e escritor Manuel Leiras Pulpeiro. Finalizará este apartado referido ao século XIX recollendo a presenza de militares masóns oriundos da Mariña nas dúas primeras loxas da historia de Galicia, as coruñesas “Logia Constitucional de la Reunión Española” (1814) e a loxa militar “Los Amigos del Orden” (1817), así como noutras loxas galegas, españolas ou cubanas, dedicando unhas liñas á destacada figura do ribadense Segundo Moreno Barcia.
A conferencia continuará cun repaso a influencia da masonería na Mariña nas tres primeiras décadas do século XX, rematando o seu percorrido en 1936, cando se inicia unha forte persecución dos membros da mesma por parte da dictadura fascista. Segundo Pereira “ sinalaronse as das loxas existentes no século XX, como foron o triángulo “Fraternidad Humana nº 75” de Viveiro e a loxa “Hijos de Hirám, nº 17” de O Vicedo, porén existiron masóns noutros concellos mariñáns como Viveiro, Ourol, Ribadeo, Mondoñedo ou Foz que non pertencían a loxas da comarca malia residir na zona, formando parte de agrupacións existentes en A Coruña, Ferrol ou Lugo, como o alcalde ribandense Fernández Cardoso”. A palestra de Pereira rematara cunha pequena achega ao que foi a represión da masonería na zona, así como a , a importantísima figura de Augusto Barcia Trelles.
As xornadas terán continuidade mañá mércores 31 de xullo ás 20:30 na casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz co ensaísta e investigador Francisco Rodríguez Sánchez, que impartirá unha palestra titulada “O século XIV. Un momento decisivo para A Mariña”, onde nos achegará a unha centuria chave para entender a realidade da nosa comarca. Rodríguez, autor dunha ampla produción bibliográfica no ámbito dos estudos sociolingüísticos, literario e históricos, até o punto de que algunhas das súas obras son referencias inescusábeis nestes materias, explicaranos os cambios que se producen en Galiza e na nosa comarca no contexto dos enfrontamentos da guerra dos cen anos e do petrismo e o trastamarismo. A consecuencia destes feitos nacerá o Condado de Ribadeo, entregado por Enrique de Trastamara ao mercenario francés Pierre Villaines que o apoiou na guerra contra os galegos, a revolta dos veciños de Viveiro contra o bispo de Mondoñedo e a consecución da vila de reguengo ou a clausura do porto da Masma polos Trastamará, que fanará as posibilidades do desenvolvemento comercial de Foz.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



