Lugo, 30 de xullo, 2019. O Grupo Provincial do Partido Popular adianta que “imos ter un nivel de esixencia moi importante e pediremos moito traballo, xa que, probablemente, é o goberno con máis medios da historia”. Así o indicou a voceira do mesmo, Elena Candia, unha vez coñecida e valorada a proposta presentada polo presidente en canto aos medios organizativos, persoais e económicos que disporán, sobre todo, os dous grupos políticos que conforman o goberno da Deputación.
Tal e como anunciara en días pasados Elena Candia, de pedir “coherencia e proporcionalidade” aos dirixentes provinciais á hora de chegar a un acordo favorable na sesión de hoxe por parte do grupo que dirixe e representa, e dado que este se cumpriu, a voceira do PP manifestou publicamente o seu compromiso coa provincia, advertindo que “traballaremos co mesmo talante, aportando de maneira construtiva e insistindo neste nivel de esixencia”, pois a acción de goberno neste novo ciclo político, apuntou, “require un gran traballo”.
A este respecto, informou de que o PP contará con tres viceportavocías, que pasarán a estar ocupadas, por esta orde, polos deputados Javier Castiñeira, Agustín Baamonde e José Antonio García. “Entre os catro, distribuiremos as áreas de goberno para facer un intenso control e fiscalización, xa que este goberno conta con medios sen precedentes nesta institución para facer un bo traballo”, remarcou.

















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



