Nota de Prensa
Jose Tome Roca, defendeu unha PNL na Comisión 5ª do Parlamento
APROBADA UNHA INCIATIVA SOCIALISTA PARA REPOÑER O SERVICIO DE AUTOPSIAS NOS HOSPITAIS DE MONFORTE E BURELA
-O deputado socialista Jose Tome Roca amosou a súa satisfacion pola aprobación desta iniciativa “hoxe faise xustiza con Monforte e cos monfortinos”, asegurou o deputado
Santiago , 18 de marzo de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Jose Tome Roca, defendeu hoxe unha Proposición Non de Lei na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar que se repoña o servizo de Autopsias nos hospitais de Burela e Monforte. A iniciativa foi aprobada por unanimidade.
Segundo relara na iniciativa o pasado mes de maio de 2009, un mes despois de chegar ao Goberno da Xunta de Galicia o Partido Popular, deixaron de facer as autopsias nos hospitais comarcais de Monforte de Lemos e Burela, centralizándoas en Lugo, o que supón unha burla aos cidadáns destas comarcas, por facer o contrario do que dicía hai uns meses, cando promovía unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia e mocións nos concellos, para que as autopsias se fixeran nos hospitais comarcais.
Dixo que o Partido Popular centralizou as autopsias en Lugo, co conseguinte prexuízo para as familias polo atraso que supoñen as viaxes na entrega dos defuntos, e tamén para as funerarias polos trastornos que iso produce.
Tome Roca amosou a súa satisfacion pola aprobación desta iniciativa “hoxe faise xustiza con Monforte e cos monfortinos”, asegurou o deputado.
TEXTO APROBADO POR UNANIMIDADE NA COMISIÓN 5ª
Parlamento galego insta ao Goberno da Xunta a:
1. Reconsiderar a decisión de centralizar a realización de todas as autopsias do sur e do norte da provincia na cidade de Lugo, para que estas probas se volvan a realizar nos hospitais comarcais de Burela e de Monforte.
2. A garantir a reorganización do sistema, de xeito que todas as autopsias da Costa Lucense e da Comarca de Lemos, volvan a efectuarse nas salas de necropsias dos hospitais de Burela e de Monforte.
3. Desenvolver as xestións precisas para o restablecemento da práctica da dilixencia xudicial de autopsia nos hospitais de Burela e Monforte, nun prazo máximo de dous meses, tal e como avanzou o director xeral de Xustiza, na súa comparecencia na comisión 5ª da Cámara galega o pasado 5 de marzo de 2010.
4. Axilizar o proceso de selección de persoal ao abeiro da bolsa de traballo impulsada pola resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 17 de febreiro de 2010 para a cobertura interina dos postos vacantes de médicos forenses do Instituto de Medicina Legal de Galicia, nomeadamente na subdirección territorial deste organismo e Lugo, dotándoa de 3 prazas, máis outras 4 de cota de reserva.
5. Promover un novo concurso do servizo de traslado de cadáveres, no que se contemple divididas por lotes as distintas zonas territoriais coincidentes coa área de influencia dos hospitais de Lugo, Monforte e da Costa –Burela-, de tal xeito que a devandita distribución poida ser efectiva ao remate do vixente contrato.

















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



