Santiago, 24 de xaneiro de 2017. En Marea pedirá ao goberno español que habilite desde xa un sistema que garanta a vialibidade do sector de factorías industriais como a de Alcoa en San Cibrao mellorando e abaratando o acceso das mesmas á enerxía electríca. O voceiro de En Marea, Luís Villares, máis o deputado Francisco Casal e o integrante da coordinadora de En Marea e traballador de Alcoa-San Cibrao, Javier Arca, participaron nunha reunión co comité de empresa da factoría e sumáronse ás mobilizacións iniciadas este mediodía pola plantilla.
Tal como explicou Luís Villares o primeiro que pedirá En Marea ao goberno do Estado é que libere os 200 millóns de euros dos que dispón o goberno para a compensación dos custes por CO2, “unha decisión que o goberno pode tomar aínda estando en funcións”. O voceiro de En Marea detallou que este diñeiro estaba xa previsto nos orzmentos do exercicio anterior e nos prorrogados do actual polo que “o goberno podería facelo efectivo de xeito inmediato”. Para Villares esta medida suporía “unha baixada ata os 50 euros do megavatio/hora e constituiría un alivio nos prezos que pagan as empresas electrointensivas”.
Na reunión co comité de empresa, tanto Villares como Casal e Arca, expuxeron a segunda medida que En Marea reclamará ca medio prazo é un novo marco regulatorio para o sector eléctrico que “permita un abaratamento da enerxía tanto para as familias como para a industria e, por suposto, para a industria electrointensiva”. Para conseguir este abaratamento, En Marea propón a que da subhasta eléctrica se retiren as enerxías producidas por centrais hidroeléctricas e nucleares, que teñen unhas infraestructuras sobradamente amortizadas e derivando esta enerxía “a contratos a medio prazo con contratos bilaterías entre empresas produtoras e as grandes consumidoras de electricidade”. Esta medida, segundo explicou Villares conseguiría un duplo obxectivo, “dar estabilidade ao mercado e abaratar os prezos para as empresas distribuidoras que son as que dan servizo aos fogares”.
Hai unha terceira proposta de En Marea para o sector do aluminio e para o caso de Alcoa, “é necesario -explicou Luís Villares- establecer aranceis ambientais para a importación de aluminio”. Este arancel está xustificado porque países como “Arabia Saudí está tirando cos prezos do aluminio utilizando para facelo grandes cantidades de enerxías fósiles, de derivados do petróleo sen pagar ningún tipo de taxa ambiental, algo que as empresas eurpeas si están pagando”.
Francisco Casal engadiu que estas propostas de En Marea son similares ás que tomaron países como Francia, que quitou do “pool” eléctrico “as enerxías que se producen en centrais nucleares e hidroeléctricas”. O deputado de En Marea sinalou que non é lóxico que “sistemas de produción completamente amortizados e que polo tanto teñen uns custes de produción baixísimos”. Casal explicou que os custes de produción dun megavatio nestes dous casos poden ser de dez euros “pero saen á venta no pool a 60 euros” unha marxe que o deputado considera “inaceptable e escándalosa que prexudica moi claramente ás empresas e ás familias e só beneificia ás eléctricas”.






















Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



