Lugo, 18 de setembro, 2019. O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé Roca, chega tarde e mal ao convocar aos sindicatos para informalos do contido do acordo adoptado polo pleno para a disolución da entidade mercantil Suplusa. Así o entende o deputado popular José Antonio García, que está convencido de que Tomé actúa ao fío da solicitude formulada pola CIG e polo propio grupo do PP.
García di que o verdadeiramente relevante é que o presidente da Deputación aclare en que condicións quedarán os traballadores de Suplusa e que o proceso de disolución se leve a cabo coas máximas garantías de transparencia. Así, García destaca que o PP comprende perfectamente que os traballadores estean enfadados e seriamente preocupados pola situación na que se atopan. En opinión de García houbo ata o momento unha inexplicable e lamentable falta de información aos empregados de Suplusa. O mesmo deputado provincial di que o presidente provincial xa tiña que ter reunido anteriormente aos sindicatos «como pediron o PP e os representantes dos traballadores». Tamén considera importante que a Deputación informe debidamente aos provedores de Suplusa, entre os que existe preocupación.
Outra das prioridades do PP, segundo o citado deputado provincial, é que se respecten os intereses dos concellos que tiñan expectativas postas nos proxectos que manexaba Suplusa. É necesario que saian adiante tal como os perfilaba a entidade mercantil e que se garanta a súa continuidade, porque resultan de vital importancia para moitos municipios, como é o caso de Begonte ou Riotorto, entre outros.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



