Cervo, 25 de setembro de 2019.- O Concello de Cervo convida ao persoal municipal a sumarse á concentración que terá lugar o vindeiro venres, 27 de setembro, no Castelo, entre as 14:00 e as 14:30 horas “co obxectivo de reivindicar un prezo da enerxía competitivo que garanta o emprego e a permanencia de Alcoa na nosa zona”.
Tal e como explicou o rexedor, Alfonso Villares, reunimos ao Comité de Empresa do Concello para “convidar aos empregados a que se sumen a esta nova protesta, pechando ese día os servizos que presta a Administración local ás 13:30 horas, agás o da Escola Infantil Municipal, como prestación esencial para favorecer a conciliación familiar”.
Villares insistiu na importancia de visibilizar o noso problema, porque o peche das 32 cubas de electrólises e as perdas millonarias que revela a empresa non son bo sinal; “e temos que ser conscientes da importancia que ten a permanencia da empresa do alumnio na nosa zona, para esta Administración e para a Comarca no seu conxunto, porque dela dependen moitos postos de traballo directos e indirectos, e moito empregos de empresas privadas e públicas “son moitos os servizos que se lle ofrecen ao cidadán e que dependen da enorme riqueza que xera esta empresa”.
O rexedor precisou que nestas mobilizacións non se vai contra ninguén, trátase simplemente de berrar ao unísono, de facer forza co fin de exteriorizar esta grave situación para que o Goberno central sexa consecuente e vexa a importancia que ten esta empresa para toda unha Comarca.
O alcalde cervense insistiu na importancia de que o Estado aporte unha solución xa, porque “que estea en funcións non o exime da súa responsabilidade, non pode ser unha escusa; porque en situacións excepcionais como é o caso, ten a capacidade para tomar aquelas decisións cuxa urxencia pode resultar crucial para a cidadanía”


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



