Foz, 26 setembro de 2019. No pasado mes de abril o SERGAS decide de xeito unilateral e coa a oposición dos traballadores do Servizo, mudar a asistencia no transporte de emerxencias sanitaria de Galiza. A pesar dos datos oficiais que demostran a necesidade de manter a dotación completa -dous Técnicos de Emerxencias Sanitarias (TES), un médico e un enfermeiro– da Unidade de Coidados Avanzados móbil da comarca da Mariña. Sen a dotación de catro profesionais como se ten evidenciado en numerosas incidencias, sería imposible atender, cando menos, as 530 emerxencias documentadas oficialmente de 2018. O 65,7% dos servizos prestados pola ambulancia medicalizada mariñá foron en 2018 primarios, unha cifra suficientemente contundente como para identificar unha necesidade de dotación como a que recibía até a actualidade. Pero para o PP as ambulancias que agardan unha urxencia estan ociosas e deste xeito propoñen reducir o persoal. O PP amosouse contrario a restaurar os servizos de transporte sanitario recortados na base de Foz por volta do 2011, e durante o 2019 deu un novo paso no recorte do servizo anunciando coa o posición de todolos traballadores (TES e sanitarios) a reducción da plantilla mais so nunhas areas. A pesares disto a Consellería de Sanidade teima neste novo recorte, no que a Provincia de Lugo vese afectada de novo polas modificacións na prestación de servizos sanitarios que dende a Xunta de Galiza se impulsan e sempre son en detrimento da calidade asistencial. Segundo as cláusulas publicadas cando se soubo deste abuso cara a cidadanía da Mariña e da Area de Monforte, non sería precisa a cobertura de 2 TES por vehículo e os resultados da adxudicación dos lotes (en concreto o número 8 que corresponde a Area da Mariña, aquí sí somos Area, para precarizar reaparece a Area da Mariña) realizados tras numerosos retrasos en xullo de 2019, confirman que cada ambulancia estará dotada con 1 técnico no canto dos 2 técnicos en emerxencias sanitarias. As cláusulas na actual contratación recollen unha serie de excepcións para este servizo e que afectan a Foz e Monforte e que xa non contarán cun segundo técnico en emerxencias sanitarias, o que conleva unha limitación grave na súa capacidade de resposta ante as emerxencias para as que sexa demandada a súa asistencia. Este feito, é unha nova discriminación e ataque ao sistema sanitario público da Mariña. Ista decisión sen xustificación técnica nin baseada en adecuación dotacional mais que por motivos económicos, sitúa a provincia de Lugo nunha clara desvantaxe asistencial respecto de outras zonas de Galicia, así como provoca diferencias dentro da mesma Provincia de Lugo (a Area do HULA conta con 2 TES).
Dende a Concellería de Xuventude coordinación coa de Sanidade do Concello de Foz faise a actual proposta e sometese á consideración do Pleno da Corporación a adopción o seguinte acordo:
Esixir á Xunta de Galiza a paralización da aplicación do procedemento de Contratación do Servizo de Transporte Sanitario Urxente Terrestre para a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a modificar as prescricións técnicas do mesmo de xeito que as ambulancias da Mariña conten coa mesma dotación de persoal que as do resto de Galicia e da Area do HULA, así como que a dotación de técnicos en emerxencias sanitarias das ambulancias obxecto do presente contrato nunca sexa inferior a dous.
Acádase maioría do pleno do Concello.



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



