Ribadeo, 27 de setembro de 2019. A vindeira semana dará comezo o Obradoiro de Emprego DOC-TIC III, que aposta pola dixitalización e recuperación do valioso patrimonio documental de Ribadeo. Nel participarán durante seis meses 16 alumnas e alumnas, dúas monitoras e unha directora. Esta mañá tivo lugar a presentación do obradoiro. Ao acto asistiron o concelleiro de Emprego, Pablo Vizoso, e o alcalde, Fernando Suárez.
Vizoso dixo que “un ano mais e por cuarto xa o Concello de Ribadeo aposta pola dixitalización e recuperación do seu valioso patrimonio documental coa posta en marcha do Obradoiro de Emprego DOC –TIC III, cofinanciado no 91% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a Consellería de Emprego e Industria e o Concello”.
O edil nacionalista contou que “a vindeira semana botará a andar este obradoiro tras procederse recentemente á selección das 19 persoas que participarán nel. Son 16 alumnxs, dúas monitoras e unha directora. Durante os próximos 6 meses os participantes combinarán o traballo en arquivos e dixitalización coa formación a través dun contrato de formación polo que percibirán o Salario Mínimo Interprofesional e que, ademais, por primeira vez computará pata a prestación de desemprego”.
O concelleiro de Emprego manifestou: “consideramos que este obradoiro é unha boa oportunidade para todos os rapaces e rapazas que participan. Con este proxecto o Concello pretende continuar na liña dos obradoiros anteriores e seguir coas funcións primordiais dun arquivo público e as dun obradoiro de emprego. Por un lado, recoller e dixitalizar información significativa do Concello e por outro, a obtención de competencias profesionais que faciliten a inserción laboral do alumnado asistente, principalmente si proceden de sectores da poboación mais sensibles como a mocidade ou os parados de longa duración”.
Pablo Vizoso explicou que “o obradoiro terá dúas especialidades, unha de produción fotográfica, que estará integrada por 8 alumnxs, e outra de operación de datos de gravación e tratamento de datos e documentos, que contará con outros 8 alumnxs. Todo o traballo de dixitalización que realicen pasará a formar parte do arquivo municipal de Ribadeo, no que contamos con documentación producida e recollida polo Concello ao longo dos séculos, desde o ano 1537 ata a actualidade, algo que da mostra da relevancia histórica que ten a nosa vila. Moita desa documentación xa está tratada, pero hai outra moita que aínda hai que catalogar”.
O edil ribadense engadiu que “esta mañá tivemos a presentación deste Obradoiro de Emprego no salón de plenos co alumnado e co profesorado. Agardamos que sexa unha experiencia positiva para todas e todos os asistentes e tamén para o Concello de Ribadeo porque seguiremos a gravar e dixitalizar todos os documentos municipais, que despois estarán a disposición de quen os queira consultar dun xeito máis áxil e doado”.






















Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.



