Viveiro, 22 de outubro, 2019. O grupo municipal do PP de Viveiro levará á próxima sesión plenaria do Concello varias iniciativas, baixo a forma de rogos e preguntas, que dan resposta a inquietudes expostas por veciños e representantes de distintos colectivos sociais.
Por un lado, os concelleiros populares solicitan información ao goberno local en relación con distintos aspectos do funcionamento da piscina municipal. Sinalan que o PP recibe numerosas queixas dos usuarios e usuarias da piscina porque pecha os domingos e festivos polas mañas. Din ao respecto: «Non podemos entender que cando estaba en mans privadas se puidera dar o servizo e que, agora que está baixo a custodia pública, se reduza notablemente o tempo semanal de funcionamento». Aluden a algúns problemas dos que teñen noticia: «O equipo de goberno non é responsable dos roubos ou destrozos que se poidan facer nas instalacións municipais, pero, para nós, o feito de que falten dous mil euros da caixa, nos fai dubidar de que a xestión sexa a adecuada». Os concelleiros populares, dado que á piscina municipal acoden moitos menores, a maioría a realizar cursos de aprendizaxe, queren ter a seguridade de que todo o persoal que o atende ten a formación e acreditación necesaria para desenrolar estas actividades. Así as cousas, os concelleiros populares queren saber canto persoal traballa na piscina municipal, e cantos socorristas atenden estas instalacións. Tamén se interesan por coñecer o número de monitores acreditados que traballan na piscina e se todo o persoal adscrito a esta infraestrutura cumpre todos os requisitos e está inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia. Os populares solicitan que, como reclaman numerosos veciños, a piscina volva a funcionar os domingos e os festivos pola mañá.
Por outra parte, os concelleiros populares solicitan información sobre a concesión de axudas municipais. Esta iniciativa obedece a que «algunhas asociacións se dirixiron ao noso grupo municipal para dicir que se senten discriminadas na concesión das axudas outorgadas polo Concello sen valorar o tipo de actividades que realizan nin a repercusión que teñen na veciñanza». Os edís populares queren coñecer as asignacións e gastos a cargo do Concello a cada unha das asociacións durante os exercicios 2018 e 2019, así como as asignacións e gastos a cargo do Concello a cada unha das comisións de festas durante os exercicios citados.
Por último, os membros do grupo municipal do PP presentan un rogo en relación co quiosco da avenida de Cantarrana. Explican os concelleiros: «Tanto a veciñanza como a Asociación de Comerciantes de Covas nos fan chegar as queixas pola situación do quiosco ubicado na avenida de Cantarrana; leva anos pechado, ocupa solo público e non presta ningún servizo. Temos constancia de que a Asociación de Comerciantes de Covas xa se dirixiu ao equipo de goberno para solicitar o uso do quiosco como oficina de información; incluso se propuxo dotalo dun desfibrilador externo semiautomático (DESA), pero non houbo resposta». Os concelleiros populares queren saber de quen é o quiosco e se o titular está ao día no pago por ocupación de vía pública, ademais de se ten licenza para ocupar a beirarrúa. Os edís do PP demandan que ou ben se use o quiosco para algún fin útil para os veciños ou se retire da vía pública.
























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



