NOTA DE PRENSA
LEICEAGA: “HAI UN PROCESO DE BALTARIZACIÓN ACELERADA NO FUNCIONAMENTO DA XUNTA DE GALICIA”
– Sobre a depuración de responsabilidades no caso urbanístico de Barreiros dixo que hai un candidato claro “temos un alcalde e unha comisión de Goberno que conceden licencias presuntamente prevaricando contra o informe da Secretaria Municipal en moitos casos, tamén contra a advertencia expresa da Xunta, e segundo o Fiscal incurrindo nun delicto de prevaricación”, no caso das 42 licencias
– Critica duramente as declaracións do Presidente Feijoo sobre este asunto, nas que valida actuación do Alcalde de Barreiros, xa que entende que “alenta a outros alcaldes a facer un urbanismo depredador e anárquico, e supón un insidioso ataque a moralidade pública de quen debería ser o seu principal defensor”
– Pediulle a Feijoo “que de marcha atrás, e que restaure o compromiso coa legalidade urbanística vixente para seguir confiando na actuación das institucións autonómicas”
– Sobre o fraude nas oposicións asegurou que estamos diante dun problema serio da Xunta de Fejoo , xa que fáiselle pagar aos débiles. E denuncia que os que están nos postos de decisión teñen que asumir as responsabilidades que lle corresponden
– Fernández Leiceaga di que a Conselleira de Facenda non ten capacidade para tomar as decisións adecuadas, xa que lembrou que o Director Xeral Función Publica é ao mesmo tempo Secretario Local do PP na Coruña, e home da máxima confianza do Presidente Provincial, Carlos Negreira.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 10. O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, compareceu hoxe antes os medios de comunicación para denunciar a falla de moralidade pública do Goberno de Feijoo. Por un lado aludiu aos casos graves de transparencia en diversas oposicións da función pública, e por outro a depuración de responsabilidades no caso urbanístico en Barreiros (Lugo). Denunciou que “ hai proceso de Baltarizacion acelerada no funcionamento da Xunta de Galicia”.
Leiceaga, detallou na súa intervención, os diversos escándalos producidos en diferentes oposicións, da nosa Comunidade. En primeiro lugar sinalou ao propio Conselleiro da Presidencia, do que lembrou “utilizou os seus contactos políticos para ter un trato de favor na súa carreira profesional”, co único fin de preservar a súa praza no Concello de Cambados, e mentres denuncia “Feijoo mirou para outro lado”.
Lembrou tamén as filtracións nas oposicións dos grupos C1 e C2 da Xunta de Galicia. explicou que despois das denuncias feitas “excluíronse a 5 opositores, no Informe que se realizou constatase que os opositores tiñan un coñecemento previo dos exames”. Pero insiste nas súas criticas “non se actuou nin sobre o tribunal, nin sobre os responsables políticos”, asegurou. Outra dos casos que saltou a luz pública foron dous cargos de facenda, que optan a prazas públicas sendo membros dos tribunais, Leiceaga advirte “que seguen tendo dereito a participar nas oposicións libres, e por tanto a beneficiarse desa especial relación, máxime cando dende a administración autonómica se recoñece que existía este problema desde fai tempo”. E por último citou o caso do Sergas “donde as relacións familiares con cargos directivos do Sergas son as que determinan o resultados das oposicións celebradas”. Pero o portavoz socialista insiste que por todos estes feitos “non hai ningunha asunción de responsabilidades por parte o Goberno Feijoo”. E afirmou “non descarten que nos vindeiros días aparezan algunha outra noticia sobre cuestións parecidas noutros ámbitos da administración”, sentenciou.
“Estamos diante dun problema serio da Xunta de Fejoo – subliñou- faise pagar aos débiles, e os que están nos postos de decisión teñen que asumir as responsabilidades que lle corresponden. Os aspirantes son especialmente listos, cando teñen un familiar, un amigo nun posto que lles permite acceder ao desenvolvementos previos dos exames”, relatou.
A Feijoo nin esta nin se lle espera
As promesas de moralización da vida pública do Goberno de Feijoo non teñen ningunha acción practica do Goberno “non esta , nin se lle espera no futuro”, apuntou.
Na súa comparecencia tamén lembrou que na pasada lexislatura, houbo problemas coas oposicións, pola perda de exames na EGAP “pero deu como resultado a asunción de responsabilidades políticas coa dimisión dun Director Xeral”. E proseguiu “este é comportamento dun goberno responsable”, asegurou.
Fernández Leiceaga di que a Conselleira de Facenda, dependente da Dirección Xeral da Función Publica, non ten capacidade para tomar as decisións adecuadas. Xa que lembrou que este Director Xeral é ao mesmo tempo Secretario Local do PP na Coruña, e home da máxima confianza do Presidente Provincial, Carlos Negreira. Denuncia que esta circunstancia partidaria “impide que na función publica se tomen as decisións que mellor defenden os intereses ao conxunto dos cidadáns, e sobre todo dos queren acceder a función pública en condicións de neutralidade, obxectividade e respecto ao mérito”.
Fixo un chamamento ao Presidente Feijoo e ao Conselleiro Alfonso Rueda para que se tomen as medidas oportunas e se produzan os ceses necesarios.
O portavoz socialista citou outro exemplo de moralidade por parte do Goberno de Feijoo no caso urbanístico de Barreiros, da mariña lucense. Leiceaga reclamou “depuración de responsabilidades, e cando esto se consiga a instrumentación dunha solución”.
Sobre a depuración de responsabilidades dixo que hai un candidato claro “temos un alcalde e unha comisión de Goberno que conceden licencias presuntamente prevaricando contra o informe da Secretaria Municipal en moitos casos, tamén contra a advertencia expresa da Xunta, e segundo o Fiscal incurrindo nun delicto de prevaricación”, no caso das 42 licencias.
Sinala que estes feitos “xeran un caos urbanístico, que conforman unha situación de extremadamente difícil solución”, asegura. Advirte que a Xunta de Galicia diante desta situación, é dicir “aqueles que deben velar por respectar e protexer o territorio, o medio ambiente”, denuncia que o Goberno de Feijoo diante desta situación “fomenta o cese do Director da Axencia da Legalidade Urbanística porque insistiu nesta política de protección do territorio, e nomeadamente no Concello de Barreiros”. Neste punto advertiu que esta tese a día de hoxe non foi rebatida, nin desmentida pola Xunta de Galicia. Leiceaga critica duramente as declaracións do Presidente Feijoo sobre este asunto, nas que valida a actuación do Alcalde, xa que entende que “alenta a outros alcaldes a facer un urbanismo depredador e anárquico, e supón un insidioso ataque a moralidade pública de quen deberia ser o seu principal defensor”.
Aludiu ademais ao texto do convenio proposto e parcialmente asinado, do que dixo ten algunha cláusula especialmente perigosa, Cláusula 4, di o seguinte:
Comprometese a promover a adopción de medidas de modificación da normativa-regulamentaria ou con rango formal de Lei- que, ao novo grao de urbanización que puidesen chegar a adquirir un futuro inmediato os terreos en cuestión, lle permitan anoar a condición legal de soar-cunhas novas condicións de edificación que contemplen- e amparen- as xa proxectadas.
Así as cousas argumenta que en Barreiros hai unha actuación urbanística de extrema anarquía, de irregularidades e que segundo o fiscal responde a conductas ilegais do Alcalde de Barreiros “e para resolver esto a Xunta propón e promete, mediante este convenio, rebaixar o nivel de esixencia urbanística para que o que alí sucede poida cumprir as características de soar”.
Denuncia que “este é o nivel máximo de ataque” nun proceso de ordenación do territorio con respecto ao marco legal, e proseguiu “é unha barbaridade xurídica e política da máxima gravidade”. Pediulle a Feijoo novamente “que de marcha atrás, e que restaure o compromiso coa legalidade urbanística vixente para seguir confiando na actuación das institucións autonómicas”.
Dende o PSdeG-PSOE asegurou Leiceaga “somos firmes partidarios de que continúen as actuacións xudiciais que permitan repoñer esta legalidade”. E concluíu “debe darlle unha solución as cuestión de infraestructuras, pero respectuosa en tódolos campos”.
A fusión das caixas pasa pola solvencia, o acordo e a xenerosidade
Finalmente foi preguntado pola fusión das Caixas. O portavoz socialista dixo que ten a sensación que estamos diante da horas decisivas para o futuro do sistema financeiro galego. “Seria magnifico que puideramos seguir mantendo a galeguidade das caixas nas mellores condicións financeiras”. Explicou que os movementos destes días indican que hai tres aspectos que están protagonizando as negociacións destes días. Primeiro citou a solvencia, dixo que toda solución ten que pasar porque se garantice a solvencia da entidades resultantes, e insistiu facer unha apelación para que utilicen ao máximo a facilidade da que dispón a normativa para facilitar que se poida chegar a unha situación solvente. Asegurou que é fundamental un acordo “levamos dicindo dende hai tempo que a solución pasa porque as entidades negocien e cheguen a unha solución entre si, nos dixemos sempre que tiña que ser o protagonismo das entidades o que alumbrara a solución. E por último aludiu a xenerosidade. “Ten que haber xenerosidade por parte de tódolos actores neste proceso, para que poidamos ter unha solución adecuada, e que deberían permitir- si hai unha solución solvente por acordo entre as entidades- chegar a unha entidade financeira galega forte e capaz de afrontar os desafíos do futuro e axudar as familias e as empresas nas súas decisións financeiras”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



