RIBADEO (FNC) .- O alcalde demándalle á Xunta e ao Xacobeo que adxudiquen canto antes as obras de rehabilitación e conversión do antigo colexio das monxas nun albergue de peregrinos. Onte rexistróuse unha derrube importante no inmoble que alertou aos veciños das rúas Trinidade e Ibáñez. Afortunamente non houbo que lamentar danos persoais, pero Fernando Suárez advirte da gravidade da situación.
O rexedor dixo que “vivín en primeira persoa e me preocupa moito como alcalde e como veciño o que aconteceu onte. Trátase da situación dun dos inmobles que se atopa en pleno casco vello e que desde hai tempo ten perfilada a súa resolución. Estou falando do antigo colexio das monxas que nos tempos do anterior goberno autonómico foi cedido polo Bispado de Mondoñedo-Ferrol ao Xacobeo para a conversión nun auténtico albergue de peregrinos, digno dun concello como o de Ribadeo que é porta norte do Camiño de Santiago na súa entrada a Galiza”.
Suárez Barcia entende que “as cousas deben levar o seu tempo, pero agora este proxecto de rehabilitación xa foi consumado, a Xunta non ten máis que licitar as obras de inmediato sen máis dilación e digo todo esto porque na tarde de onte caeu unha parte moi importante da súa cuberta e desplomóuse unha parte da estructura deste inmoble, que está derruido desde hai tempo. Eu como veciño de Ribadeo estaba onte pola tarde andando pola rúa Trinidade, escoitei unha serie de ruidos que me fixeron apartarme un pouco deste edificio e puiden presenciar como se viña abaixo esta estructura, cun ruido enxordecedor tremendo, cunhas vibracións que pareceía un terremoto, o que ocasionou que numerosos veciños da rúa Trinidade e da rúa Ibáñez, que están na parte traseira deste inmoble, saisen alarmados á rúa para ver o que acontecía”.
O alcalde sinala que “onte non pasou nada, todo quedou nun susto ainda que estructuralmente quedou afectado este inmoble e agora queda outra parte que se pode vir abaixo en calquera momento o cal pode provocar que incluso se poida mover a fachada e que poida caer e teñamos que lamentar danos maiores a bens ou a persoas. Eu acabo de facer unha serie de comunicacións verbais e por escrito aos responsables tanto do Xacobeo, como da Consellería de Cultura e tamén ao seu xefe territorial en Lugo para que axilicen as obras de rehabilitación e as adxudiquen canto antes porque xa non é que este inmoble chegue para o Xacobeo de 2010, é que este edificio tal e como está pode provocar unha catástrofe, estamos correndo un serio risco de que se veña abaixo e ocasione danos máis importantes que os que onte sucederon”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



