Nota de Prensa
A Xunta ordena solo mediante o Plan de Ordenación do Litoral en territorio da Comunidade asturiana
A zona clasificada correspóndese coa franxa do concello de A Veiga onde entra a ordenar 20has. de solo
En Trabada deixa fora de ordenación 30 edificacións pegadas ao río Eo
Os nacionalistas cualificaron de disparate e chapuza sen precedentes as directrices fixadas polo Plan de Ordenación do Litoral, tanto xenericamente como particularmente no caso do concello de Trabada, separado polo río Eo do veciño concello de A Veiga na CC.AA de Asturias, onde o POL entra a clasificar solo sen ter competencias nunha superficie aproximada de 20 has. Para o BNG este e un mais dos exemplos polos que demandan a retirada do POL e unha nova redacción, que atenda as singularidades e realidades existentes nos núcleos de poboación costeiros de Galiza mediante un documento serio e rigoroso e non unha sucesión de incorreccións de difícil comprensión como a que vimos de referir.
Os nacionalistas organizaron o pasado venres un acto na Ría de Abres por tratarse do núcleo de Trabada máis afectado por este Plano urbanístico que afecta no total do Concello 199,19 hectáreas das que 86,67 se sitúan por riba da franxa dos 500 metros de costa e que se corresponden co que o documento define como áreas de xestión. O BNG afirmou que considera un auténtico despropósito as propostas e solucións que o Plano de Ordenación Litoral establece para o Concello de Trabada, na medida que significa unha hipoteca para o desenvolvemento urbanístico do Concello e impide unha ordenación territorial que faga posíbel un crecemento sustentábel coas potencialidades de futuro que se lle poidan presentar a Trabada.
Os nacionalistas informaron que 82,50 hectáreas se corresponden coa zona de protección, 12,76 coa zona de mellora ambiental e paisaxística e 104,93 coa zona de ordenación. A área de ordenación correspóndelle ao Concello determinar os usos, na área de mellora ambiental e paisaxística farana o Concello de acordo coa Xunta e na área de protección, quen determina os usos é o Goberno galego, non permitindo ningún uso de tipo residencial. Na mesma liña, continuaron os nacionalistas hai que recordar que área de protección divídese entre o de protección ambiental(costa) e protección de corredor(rios) que en Trabada representan en cada caso 72,46 hectáreas e 9,03 hectáreas respectivamente, polo que a maiores dos núcleos costeiros da Ría de Abres , tamén se prohiben usos residenciais en Vilafernando. Neste sentido queren denunciar que incluso deixan fora de ordenación unha nave industrial no empalme de Vilafernando.
O BNG de Trabada denunciou que o Plano establece usos do solo sen atender a criterios regrados, na máis absoluta discrecionalidade, plantexando solución distintas para realidades que son iguais, criando inseguridade xurídica e abre a porta ao urbanismo a carta. O PP tenlle que explicar varias cousas aos veciños de Trabada , empezando por recoñecer as súas mentiras da campaña electoral, pois está a prohibir usos residenciais por riba dos 500 metros, e a seguir por responder por que entra a saco na capacidade de planificación dos Concellos, por contestar por que o nivel de protección en Trabada acada este grao. Neste sentido consideran como un disparate que a área de xestión do Plano chegue a pobos como Vilafernando ou Leirado que se sitúan a máis de un Kilometro da delimitación de Costas.
Asemade o BNG considerou particularmente grave que o Plano veña a prohibir usos residenciais en varios solos que teñen a consideración de urbanos no Planeamento en vigor en Trabada como acontece no lugar da Alameda ou Pedrido na Ría de Abres. Nesta liña os nacionalistas queren advertir que o Plano de Ordenación do litoral deixa fora de ordenación a totalidade das edificacións existentes na Ría de Abres a unha beira e outra da N-640, o que significa a efectos prácticos que o seu valor catastral pasa a ser cero e que nesas vivendas só se poderán facer obras de conservación, nunca obra nova. Nesta dirección hai que ter en conta que se prohibe tamén calquera uso residencial nos terreos existentes á beira da estrada xeral na Ría de abres o que crea un prexuízo importante para este núcleo.
Os nacionalistas informaron que este documento vai determinar calquera Plan Xeral futuro de Trabada posto que as súas disposicións, teñen que axustase ao POL polo seu carácter supramunicipal, e como é obvio as consideracións dos dous documentos entran en contradición.Asemade tamén hai que ter en conta a resposabilidade municipal a hora de non ter adaptado o planeamento a lexislación provoca unha maior indefensión para o noso Concello, na medida en que pode darse o paradoxo que se clasifique como solo de protección, solo que na súa realidade fáctica teña mesmamente a consideración de urbano consolidado.
Xa por último desde o BNG de Trabada solicitan ao Concello a que presente as suxestións pertinentes ao documento da Xunta, prazo que a Consellaría ven de ampliar até o dous de Maio, a fin de salvar diversas zonas do Concello que ao que as que vimos de citar fican absolutamente hipotecadas. Asemade os nacionalistas póñense a disposición dos veciños de Trabada que queiran coñecer como quedan as súas vivendas e as súas parcelas a fin de darlle a información oportuna.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



