Lugo, 3 de novembro de 2019. A Deputación de Lugo atendeu numerosas incidencias nas estradas da provincia por mor do temporal de choiva e vento. A maioría dos incidentes, rexistrados en 25 concellos entre a pasada noite e esta mañá, foron debidos a caídas de árbores e desprendementos. Riotorto foi o municipio máis afectado cun total de seis saídas, por diante de Vilalba, onde os servizos provinciais atenderon cinco imprevistos en diferentes vías a causa do mal tempo.
A celeridade na resolución dos diferentes sucesos ocasionados polas inclemencias meteorolóxicas foi fundamental para garantir a seguridade nas estradas e para minimizar os danos. Os servizos de Xestión Territorial, encargados da atención das estradas e que dependen directamente do Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, informaron esta mañá de que todas as estradas están xa abertas ao tráfico. O ente provincial acaba de adxudicar o contrato de conservación de estradas por 6,4 M€ e ten a rede máis extensa de España con 4.200 quilómetros, tres veces superior a que é de titularidade da Xunta de Galicia na provincia.
Entre as estradas provinciais afectadas polas incidencias, a Deputación de Lugo actuou na LU-P0802 (Begonte); LU-P-112, LU-P-1701 (Cospeito), LU-P-2207 (Xermade); LU-P-0502 y LU-P-0507 (Baralla); LU-P-0205, LU-P-3103 y Lu-P-3101 (Mondoñedo); LU-P-3401 y LU-P3403 (Muras); LU-P-3809 (Ourol); LU-P-3006 (Pastoriza); LU-P5101 (Rábade); LU-P-5505, LU-P-5503 y LU-P5506 (Riotorto); LU-P-0104, LU-P-6507, Lu-P 6509 (Vilalba); LU-P-5603 (Samos); LU-P-0102, y LU-P-1807 (Chantada); LU-P-0101 (Alfoz); LU-P-0606 (Barreiros); LU-P-2116 (Friol); LU-P-1907 y LU-P-4811 (Fonsagrada); LU-P-1305 (Courel); LU-P-0401(Baleira); LU-P-0503 (Baralla); LU-P-0709 y LU-P-6201 (Becerreá); LU-P-0202 y LU-P-2006 (Foz); LU-P-2306 y LU-P-2101 (Guitiriz); LU-P-3502 y LU-P-3507 (Navia).




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



