A Mariña, 13 de novembro de 2019. Esta fin de semana segue o 8º Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O evento chega os días 15 e 16 de novembro a Riotorto, Foz, O Vicedo e Ribadeo.
O Mes da Maxia comezou o pasado 25 de outubro e rematará o 30 de novembro. No evento participan 17 establecementos hostaleiros: restaurantes, hoteis e casas de turismo rural de distintos concellos da Mariña Lucense e 4 Magos: Rafa, Teto, Kiko e Pi.
A Mancomunidade xunto cos locais participantes que ofrecen unha coidada oferta gastronómica baseada en produto local, galego e de tempada, agardan que o Mes da Maxia sexa un motivo para que os mariñáns saian cear e pasen unha noite completa e agradable, se dean desprazamentos entre concellos e que a xente de fóra da comarca decida pasar unha fin de semana de outono na Mariña e desfrutar deste territorio con este motivo.
Desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense amósanse satisfeitos do discorrer desta cita, que está a reunir a moitos amantes da maxia e da boa gastronomía arredor dunha mesa cada fin de semana.
Os locais que acollen o Mes da Maxia son: A Marquesa, A Garita, Casa do Fidalgo, O Noso Lar, Hotel–Restaurante Javier Montero, Hotel Vila do Val, Mesón O Mazo de Ferreiravella, O Rincón do Mis, Area Grande, Parador de Turismo de Ribadeo, Mesón Camiño Norte, O Lar, Casa Rural A Penela, A Yenka, Hotel Val do Naseiro, Pousada O Almacén e Hotel O Cabazo.
A vindeira fin de semana o día 15 o Mago Rafa deleitará cos seus trucos de maxia aos clientes do Mesón O Mazo de Ferreiravella, de Riotorto; e Pi estará no Rincón do Mis, en Foz. O día 16 o Mago Kiko estará en O Vicedo no restaurante Area Grande e o Mago Teto no Parador de Turismo de Ribadeo.
O día 22 o Mes da Maxia chegará a Trabada. O Mesón Camiño Norte contará co Mago Rafa e O Lar, en Foz, gozará cos trucos do Mago Kiko. E o 23 Teto actuará na casa rural A Penela, en Mondoñedo.
O día 29 de novembro en A Yenka, en Barreiros, estará o Mago Kiko; e no Hotel Val do Naseiro, en Viveiro, o Mago Rafa; e finalmente o 30 de novembro o Mago Pi levará a maxia a O Almacén, en Cervo; e o Mago Rafa ofrecerá unha actuación no Hotel Restaurante O Cabazo, de Ribadeo.
Na páxina web www.mesdamaxia.com atópanse o listado cos restaurantes participantes así coma os menús que se poderán degustar en cada un deles e os números de teléfono para facer as reservas. Os prezos dos menús máxicos, que inclúen as ceas e os espectáculos de maxia, oscilan entre os 25 e os 30 euros. As ceas máxicas comezan ás 21:30 horas e constan de dúas partes, unha con maxia de preto entre prato e prato (máximo 70 persoas) e o espectáculo final (mínimo 20 persoas) que comezará unha vez sexan servidos os cafés. Para menú infantil, vegano, vexetariano e outras opcións ante intolerancias e alerxias a xente pode consultar previa e directamente co establecemento. Recoméndase non deixar a reserva para última hora e facelo canto antes, xa que as prazas son limitadas.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



