Lugo, 13 de novembro de 2019. A Deputadade Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, a Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, eo presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, presentaron este mércores na queixería vilalbesa Don Crisanto as derradeiras xornadas do programa Exaltacións Gastronómicas…E Para Comer Lugo.
As degustacións deste mes de novembro terán lugar dende este venres e ata o domingo 24 deste mes, en 50 establecementos de hostalería de 23 concellos da provincia. Nesta ocasión, os restaurantes empregarán nos seus menús a raza galiña de Mos, os grelos e a pataca de Galicia e o queixo de tetilla cociñados con diferentes estilos. Na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.gal e en www.eparacomerlugo.com pódese consultar os restaurantes participantes no programa.
A Deputada de Turismo puxo en valor as Exaltacións Gastronómicas, das que fixo un balance positivo, e apostou por seguir creando sinerxías entre a hostalería, os produtores e a Deputación para converter a tendencia á alza que está a experimentar o turismo gastronómico en actividade económica e creación de emprego sostible na provincia. García Porto lembrou neste senso que, segundo estudos recentes, a gastronomía está entre as 8 tendencias de viaxe para o 2020 e o 71% dos viaxeiros indica que comer produtos de orixe local é importante para eles nas súas vacacións.
Xunto á Deputada de Turismo, no acto de presentación tamén participaron o Presidente de Avimos, Francisco Monasterios Solveira, o Presidente Consello Regulador da IXP Grelos de Galicia, Andrés de la Fuente, acompañados do Presidente de AFAPAN, Cesar Fieiras Pérez, e do Director Comercial El Progreso, Jose María Álvarez Vilabrille.
Impulso dos sectores produtivos
Na aposta do Goberno Provincial pola promoción dos produtos autóctonos de calidade e en apoio aos produtores do rural lucense, como clave para o impulso da economía da provincia, a Deputación achegou 60.000 euros á Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo para impulsar accións de promoción como este programa Exaltacións Gastronómicas. Estas xornadas realizáronse todos os meses desde o pasado abril poñendo en valor a gastronomía da provincia a través da degustación de produtos acreditados cos selos de calidade, como son a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) ou a Denominación de Orixe (DOP). Outro dos obxectivos destas xornadas foidinamizar o sector servizos e desestacionalizar o consumo dos produtos.
Certificación de calidade
Nas xornadas de Exaltacións Gastronómicas de 2019 empregáronse produtos de 21 Denominación de Orixe Protexida e Indicación Xeográfica Protexida: CRDO Queixo de Arzúa-Ulloa, CRDO Cebreiro, CRDO Ribeira Sacra, CRDO San Simón da Costa,CRDO Queixo de Tetilla, IXP Faba de Lourenzá, IXP Grelos de Galicia, IXP Castaña de Galicia, IXP Lacón Galego, IXP Pemento de Mougán, IXP Pataca de Galicia, IXP Mel de Galicia, IXP Augardentes e Licores tradicionais de Galicia, IXP Ternera Gallega, ACRUGA (Ternera Gallega Suprema Carne de Rubia Gallega), ABSA (Merluza do Pincho de Burela e Bonito de Burela), AVIMOS (Raza Galiña de Mos), ASPORCEL (Raza Porco Celta), ASOVEGA –BOAGA (Raza Ovella Galega), AFAPAN (Asociación Provincial de Fabricantes de Pan de la Provincia de Lugo) e Galletas Da Veiga.























O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



