Na praza, nun dos mupis situados fronte ao edificio provincial, proxéctase ao longo de todo o día de hoxe un vídeo elaborado polos Servizos de Audiovisuais da entidade provincial con imaxes de nenos e nenas de diferentes países e etnias para tratar de visibilizar os desafíos aos que se enfronta a infancia ao redor do mundo en materia de saúde, nutrición e educación. A Deputación súmase así á rede de Cidades Amigas da Infancia en Galicia, que iluminarán os seus monumentos máis emblemáticos.
O Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, tíngueseeste mércores de cor azulpara celebrar o 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno
O Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, tíngueseeste mércores de cor azulpara celebrar o 30 aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno
Relacionado
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional
-
O Concello de Vilalba, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron na Sala Ramón Guntín de Vilalba, a mostra «Castelao grafista (facsímile)»
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso