Xove, 28 de novembro de 2019.- O obradoiro de emprego ‘Sendas de Burela, Cervo e Xove VI’ inicia hoxe a súa actividade con 25 persoas participantes, das que 20 son alumnos traballadores e as cinco restantes ocupan os postos de dirección, administración e docencia (tres monitores).
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na inauguración do taller, que promove o Concello de Xove xunto cos outros dous municipios mariñáns e está financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria con 336.446 euros. No acto tamén estiveron, entre outras persoas, os alcaldes de Xove, Demetrio Salgueiro; Cervo, Alfonso Villares, e Burela, Alfredo Llano.
Balseiro animou ao alumnado a aproveitar a formación teórica e práctica que recibirán durante os próximos nove meses e lembrou que ao finalizar o obradoiro terán acceso a un certificado de profesionalidade co que poderán acreditar a experiencia adquirida.
No taller impártense as especialidades de ‘Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción’ -con sete persoas alumnas de Burela-; así como formación no ámbito da xardinería e traballos forestais -con sete inscritos de Xove e seis de Cervo-.
En canto aos proxectos que acometerán, en Cervo centraranse no mantemento e mellora de parques e xardíns municipais -parque Reina Sofía de San Cibrao e parque das Lobeiras de Cervo- e de numerosos espazos verdes de distintos puntos do concello. En concreto, en San Cibrao está previsto traballar na zona da Veiga, entorno da rúa Aduana, Praza do Lugar, Praza dos Campos, área verde adxacente á capela, contorna da antiga fábrica de salazón e rotondas das avenidas da Mariña e da Veiga. Tamén na rotonda da avenida de Galicia de Cervo e na zona da ponte medieval de Lieiro, entre outras.
Así mesmo, está previsto continuar coa creación e mellora de xardíns na zona das vivendas sociais da Atalaia de San Cibrao e coa limpeza e rexeneración do bosque autóctono situado no entorno do polígono de Cuiña.
As actuacións programadas en Xove inclúen o mantemento e mellora medioambiental de espazos públicos como a senda fluvial da Ruta dos Muíños (parroquia da Rigueira); o parque do entorno do centro cívico e o da rúa Doutor Baamonde Illade; as zonas verdes da urbanización de Palmeiro, do centro de formación Casa dos Maestros e do centro social de Lago; a área recreativa de San Antonio da Rigueira e o entorno das ruínas da Ermida de San Tirso de Portocelo.
En Burela, proxéctanse obras de mantemento e mellora nos locais interiores do edificio multiusos; a Praza da Mariña; a antiga biblioteca; a casa da xuventude e a escola de música ou o centro de drogodependencias, entre outros. Tamén se prevé a mellora de mobiliario urbán e a sinalización horizontal de pasos de peóns en distintas rúas.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



