A Mariña, 3 de decembro, 2019. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña manifesta que apoia todas as medidas reivindicativas e de loita que están a desenvolver @s traballador@s da factoría de ALCOA e anima a todas as veciñas e veciños da comarca a que acudan á concentración que o vindeiro mércores día catro se celebrará na localidade de Foz ás 20 horas. Lembramos que a factoría mariñá , que dá emprego directo a preto dun milleiro de persoas e moitos máis empregos indirectos nas empresas auxiliares, tamén repercute no comercio local e mesmo na fixación de poboación na Mariña. O peche da fábrica de Aluminio levaría á comarca a unha crise económica, social e demográfica de proporcións desmesuradas, e afectaría a todos os sectores económicos.
A Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña apoia ás mobilizacións de Alcoa
A Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña apoia ás mobilizacións de Alcoa
Relacionado
-
A Vicepresidencia da Deputación non financiará ningún evento en que participen equipos ou organizacións que contribúan a lexitimar o xenocidio do pobo palestino por parte do goberno israelí
-
O PP denuncia que José Tomé “está tecendo un Plan Deputación B a escuras e para os amigos para poder manterse na presidencia da Deputación”
-
O PSdeG-PSOE na provincia de lugo abre o curso político cunha nova xuntanza da executiva provincial