Lourenzá, 19 de decembro de 2019. Un centenar de participantes daranse cita este domingo, día 22, en Lourenzá para disputar a I Proba Popular de Orientación a pé Concello de Lourenzá, organizada conxuntamente polo Club Atletismo Lourenzá e o Club Fluvial de Lugo.
O inicio deste evento deportivo terá lugar ás 10:30 horas e o peche de meta será ás 13:45 horas. Haberá tres categorías: Iniciación Curta (menores de 10 anos, con 12 balizas), Iniciación Longa (para maiores de 10 anos, con 14 balizas), e avanzada/adestro federados (con 22 balizas). Ás 10:00 horas, previamente á saída, daránselles instrucións aos corredores noveis nas probas de orientación. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría.
