Foz, 3 de xaneiro, 2020. O Grupo Municipal do PP ve absolutamente reprochable a actitude do actual Alcalde, O Sr Cajoto, que de forma totalmente deliberada se está dando un atracón de autobombo con obras xestionadas integramente na anterior lexislatura polo goberno popular co apoio de FPF que foi o único grupo respaldou eses proxectos aprobando os orzamentos do 2019 que o Psoe e Bng votaron en contra.
Declara Castiñeira: “Lamentamos a formas do Sr Cajoto, que vive das rentas do traballo feito pola anterior corporación, que fielmente deixou encamiñada a lexislatura actual, con obras no instituto e no colexio N1, xestionada a depuradora, proxectadas as rotondas de cangas, resolto o Plan único de obras e aprobando un orzamento gracias as negociación con Foz Plataforma de Futuro”.
Froito desas negociacións é unha obra de cambio de abastecemento e repavimentación con aglomerado en quente na rúa de Alemparte en Cangas e que ven de anunciar recentemente o Sr Cajoto plaxiando novamente a autoridade da mesma. Tal é a caradura política do actual goberno, que no pleno de outubro o Alcalde demostrou descoñecer a existencia da partida nos orzamentos do 2019 para esa obra ata o punto de ter que pregárselle o inicio da contratación, e ven agora demagóxicamente anunciando a súa aposta polas parroquias.
O caso máis sangrante desa actitude desonesta cos seus predecesores é a construción da Canceira, na que o actual goberno tivo un protagonismo irrelevante, tendo únicamente que rematar o proceso de contratación. Foi o anterior goberno Popular o que xestionou a totalidade desa inversión tan importante redactando o proxecto, suplementando unha partida nos orzamentos do 2019 que apoiou FPF e conseguindo que a Deputación firmase un convenio grazas a mediación de Elena Candia que respaldou os orzamentos Provinciais ao goberno socialista en minoria e NON FOMOS NIN INVITADOS Á INAUGURACIÓN OFICIAL.
Prosegue o voceiro popular, “Non é un caso illado a actitude rapiñadora do Alcalde, posto que fixo o mesmo con obras como o asfaltado da estrada de Fazouro a San Acisclo, coa sustitución da tuberia de abastecemento de Mañente ou cos aglomerados do plan único 2019 en estradas de varias parroquias, proxectados e xestionados polo noso goberno e que Cajoto únicamente tivo que rematar de adxudicar”.
Ramatan os populares “Ademais denunciamos dende o Partido Popular que o Alcalde está retrasando intencionadamente a contratación de obras xestionas polo anterior goberno como son as do Plán único 2019 para con elo apoderarse da autoría das mesmas, prolongalas no tempo e seguir vivindo das rentas , acomodado coa corrente a favor e sen iniciativa propia”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



