Lugo, 28 xaneiro, 2020. O PSOE foi o único grupo político da Deputación que se opuxo a reclamar ao Goberno de Pedro Sánchez a que mellore os servizos ferroviarios da provincia, tal e como demandaba o PP na moción presentada. Dende o Partido Popular lamentan esta cuestión pois, segundo apuntou a deputada Lola Castro, “por riba de alcaldes e deputado, está defensa dos intereses xerais e non os partidistas”.
A deputada provincial considera que a oposición do Grupo Socialista é un exemplo máis do tripo castigo do Executivo Central a Galicia: IVE, AVE e estatuto electrointensivo. Concretamente, na moción dos populares pedíase, en primeiro lugar, o apoio da Corporación para evitar o peche da venda presencial de billetes e, por tanto, de mantelo non de xeito provisional.
O Goberno decidiu no seu momento que a partir do 31 de decembro de 2019 quedarían sen o citado servizo oito estacións ferroviarias de Galicia, concretamente: na de Ortigueira, na Coruña; en tres da provincia de Lugo: Burela, Sarria e Viveiro; en dúas da provincia de Ourense: O Carballiño e Ribadavia; e dúas da provincia de Pontevedra: Guillarei (Tui) e Redondela. Dise na moción: «Ante o peche das taquillas, a única alternativa presencial que se lles ofreceu inicialmente aos usuarios foi adquirir o billete a través de Correos. Sen embargo, esta sociedade estatal aplica un suplemento do 5% ao prezo de billete. lsto supón un novo encarecemento, xa que a, principios de ano, Renfe subiu o custo dos billetes nun mínimo dun 1% en función do traxecto. Ante o malestar evidente que esta medida está a provocar nos usuarios, o 15 de xaneiro o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana anunciou a súa intención de manter só dun xeito provisional este servizo,”mentres se buscan solucións definitivas mediante acordos de colaboración con deputacións e concellos interesados en manter a venda presencial”».
Por outro lado, os populares indicaban que «a decisión do Goberno socialista de suprimir o servizo de venda presencial de billetes nalgunhas estacións, tres delas na nasa provincia, e ás continuas incidencias que hai en liñas que serven a Lugo, súmanse os novos retrasos recoñecidos para a posta en servizo do AVE que debería unir o noso territorio coa Meseta». Agregan: «O informe elaborado polos técnicos da Xunta o pasado outubro xa aseguraba que as obras non ían acabar a finais de 2019, tal e como comprometeran o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o ministro de Fomento, Ábalos. E é evidente que as obras non acabaron en 2019, nin van rematar en xaneiro nin en febreiro de 2020. Este informe tamén dicía que o AVE a Galicia non ía estar en condicións de entrar en servizo nin en 2020 nin, probablemente, en 2021, Ano Xacobeo. O Goberno socialista negouno, pero agora a Comisión Europea di o mesmo que a Xunta, que antes de 2022 non imos poder coller o AVE». Estes días, varios membros do Goberno deron fechas diferentes, para finalmente quedarse coa de 2021, a todos luces practicamente imposible de cumprir.
No texto da moción popular tamén se pedía que se presente un cronograma real e actualizado sobre a evolución das obras do AVE en Galicia, o inicio do período de probas e as previsións de psota en servizo, así como que se melloren as infraestruturas ferroviarias galegas en territorio lucense de forma que se renove o material rodante e se leve a cabo unha actualización progresiva do mesmo.

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



