Viveiro, 9 de febreiro, 2020. O BNG de Viveiro participou na manifestación nacional pola Sanidade Pública xa que na última década,” afirma a portavoz do BNG de Viveiro Míriam Bermúdez, “o PP con Feixóo á cabeza e coa escusa da crise, aplicou duras políticas de recortes e fixo modificacións lexislativas e organizativas que danaron gravemente a Sanidade Pública de Galiza, como son a redución de orzamentos, de centros de profesionais, de camas hospitalarias, privatizacións e externalización de servizos esenciais, derivacións de doentes a centros privados, listas de agarda disparadas, colapsos de urxencias, desatención clamorosa da saúde mental e das mulleres.”
A portavoz nacionalista continuou: “A Atención Primaria foi o ámbito da sanidade pública galega que con máis intensidade sufriu os recortes, e o Centro de Saúde de Viveiro fica como claro exemplo con: masificación de consultas, cupos desbordados, redución de profesionais, a non substitución de persoal, listas de agarda de máis dunha semana para medica/o de familia, peche de axendas, saturacións, ausencia de pediatras, PACs ao límite… Así como o Hospital comarcal de Burela que foi desmantelado progresivamente, eliminando servizos e especialidades, até ir converténdoos en ambulatorios que non poden dar resposta ás necesidades da poboación da Mariña.”
E por todo isto e para teren unha sanidade pública digna, no BNG de Viveiro demandamos, como mínimon á Xunta de Galiza as seguintes medidas para o Centro de Saúde de Viveiro
QUENDA DE MAÑÁ: cubrir as ausencias de longa duración e o resto das prazas cando solicitan dereitos fundamentais como son as vacacións, días de libre disposición ou outro tipo de permiso.
QUENDA DE TARDE: Insuficientes para atender a demanda de Viveiro, confírmanno os propios veciñxs e os cupos dos médicxs os cales están sobrepasados. Feixóo sábeo e por iso en abril de 2019 o PP anunciba a creación dunha cuarta praza médica para Viveiro acompañada da creación dunha praza de enfermaría. A día de hoxe segue sen estar en funcionamento.
PEDIATRÍA: cubrir de pediatras até asumir a demanda de atender ás crianzas non só do Concello de Viveiro, se non tamén dos Concellos de Ourol e O Vicedo onde xa foron recortadas as súas respectivas pediatrías.
FISIOTERAPIA: O Centro de Saúde de Vivero está dotado dun ximnasio de rehabilitación que só abre en quenda de mañá, deixando as instalacións infrautilizadas que poderían, e deberían, abrir tamén en quenda de tarde de ter vontade política. Actualmente a fisioterapia ten listas de agarda que poden chegar até os dous anos.
PAC: Como a pediatría, o PAC de Viveiro non só atende á veciñanza de Viveiro se non tamén á veciñanza de Ourol e O Vicedo, polo que é necesario dispor de dúas equipas médica-enfermeira os 365 días do ano e dotándoos do material necesario.























Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



